A volta ao mundo dun forro polar vermello
Este libro
gañou o premio alemán ao Mellor Libro Xuvenil de Divulgación Científica 2009.
O seu
autor, Wolfgan Korn, naceu en Lünen, Alemaña, en 1958. Estudou
Historia, Ciencias Políticas e Xornalismo. Vive na actualidade en Hannover e
colabora como xornalista en revistas e periódicos como Geo e Diezet.
O tema do
libro xira arredor da globalización. O narrador, un escritor na procura dun
protagonista para o seu próximo libro, atópao cando ve na televisión un inmigrante
cun forro polar vermello. A prenda ten
una mancha escura e inmediatamente pensa que ben podería tratarse do seu propio
forro polar –vermello tamén e cunha mancha de viño tinto- que el mesmo
depositara nun colector de roupas usadas había uns meses.
O escritor xa
tiña un fío condutor: un obxecto que podería levarnos arredor do mundo e, desde
este momento, a historia do forro polar vermello condúcenos a través da riqueza
petroleira de Dubai, os baixos salarios e os altos riscos soportados polas
traballadoras na industria téxtil de Bangladesh, a Europa nun dos colectores
dun buque de mercancías, cara a África occidental nun dos fardos de roupas
usadas e, finalmente, protexendo do frío a un inmigrante africano, navegando
nun caiuco a través do Atlántico, ata as illas Canarias.
Máis de
setenta persoas permanecen dez días comprimidas, aturando as duras condicións
climáticas e sen auga potable. Miguel, o piloto do arrastreiro Alhambra, vai
dereito contra a embarcación sen luces de posición, pero observa algo vermello
que emite lampos luminosos e corrixe o rumo. Os refuxiados desplómanse
extenuados na praia. Un pequeno primeiro plano e o forro polar vemello
convértese en símbolo das desigualdades económicas e sociais, do despilfarro
dos países ricos industrializados cando, inservible para un escritor do
primeiro mundo, convértese nun talismán, nun obxecto máxico co que Adrame e o
resto de inmigrantes senegaleses salvan a vida.