O libro da autora de Dragal, Elena Gallego, foi presentado onte por Lucía e María:
Entra na presentación a través da imaxe
Distintas opinións, especialmente no referente ao final do libro.
Paula, a profesora de Bioloxía, recomendou un libro que está na Biblioteca, La puerta de los tres cerrojos, de Sonia Fernández Vidal, autora de Quantic love, especialmente para aqueles afeccionados á Física. E como pedimos máis, máis literatura con toques científicos, Paula recomendou Un mundo feliz, La Fundación e Yo, Robot. É unha materia que temos pendente: un "Itinerario lector literatura científica", despois do "Itinerario cómic" (2014-15) e o "Itinerario misterio" co que estamos neste 2015-16.
Diego tróuxonos El nombre de la rosa e máis banda deseñada: Simon's cat. Por certo, parece que ten sucesora no mundo do cómic; Sabela veu á biblioteca con clásicos en BD: El mago de Oz (Marvel), as "Joyas de la literatura juvenil" (Conan Doyle, Moby Dick, Los viajes de Gulliver, Alicia...). E Gárgolas: o viaxeiro.
Ben. Procesaremos toda esta información. Que vos parece se abrimos un Pinterest con "Recomendacións do club de lectura xuvenil"? Porque é unha pena perder tantas lecturas que podemos compartir. Pero é cousa vosa, queridos alumnos...
Ata a próxima. Non o dubidedes, haberá Un cadáver na Biblioteca.