Seguimos na liña de misterio. Hoxe, 19 de marzo, Un cadáver na biblioteca de Agatha
Christie, obra presentada por Diego Pereda. Non deixedes de ver a súa presentación:
Houbo opinións diversas no debate posterior; a algúns pareceulles excesivo o elemento descritivo, a
outros que o ritmo era lento, houbo quen considerou que o personaxe de Pamela
Reeves (o outro cadáver) non estaba suficientemente perfilado… Pola contra, os devotos
de miss Marple defendemos esta novela. E
xuntos recordamos a sesión de Dez negriños, deste mesmo club.
A continuación, seguindo coa liña de misterio, Diego
recomendou (xa para lectores avanzados) o libro que acaba de rematar: O
nome da rosa. Comentouse logo a
proposta de celebrar San Valentín co Instituto Concepción Arenal lendo poemas
de amor. E a sorpresa do día: Sabela López Quintanilla, membro do club, obtivo un accésit no II Certame Literario Carmela Loureiro, na categoría de microrrelatos. Parabéns a Sabela e á súa profesora, Inés, que animou ao grupo a presentarse ao certame.
Para rematar, un xurado de 5 persoas (profesores e alumnos) elixiu
por unanimidade como gañador do concurso de carteis anunciadores da sesión de
hoxe o cartel elaborado por Lucía Toval, de 1º ESO A. Mágoa que non se poida
apreciar a textura deste cartel en dixital… O premio consistiu nun exemplar de Lourenço,
xograr.
Pilar Berrio e Lucía Toval
E o próximo libro do club estará protagonizado por un personaxe inmortal que cumpre anos neste 2016. Concretamente, 125 anos. Unha idade máis que respectable...
Elemental, querido Watson.