PROXECTO LÓVA

martes, 21 de xuño de 2016

FIESTA DE TARTAS

Hola a todos:

Socas se despide este curso del Club de Lectura con el buen sabor de boca de las tartas que hemos compartido hoy. ¡Disfrutad de un buen verano y no olvidéis llevaros un buen libro a la playa o a la montaña!


También Socas está muy satisfecho de los trabajos que los alumnos de 3º de ESO han ido entregando esta semana para ilustrar aspectos de la asignatura de lengua y literatura castellana, como el corral de comedias construido por Fiana, los mapas de la historia de las lenguas diseñados por Carmen o Samuel, las tarjetas de Alba, o los cuadros de autores de Aida, por citar solamente unos ejemplos.





mércores, 15 de xuño de 2016

PARA OS ALUMNOS: ITINERARIOS LECTORES DOS DEPARTAMENTOS

Que son os itinerarios lectores?

Son os libros que non queremos que se perdan os nosos alumnos.

Entrade en https://sites.google.com/site/sofiaitinerarios/. Encontraredes unha selección de lecturas -tamén hai películas- pensada polos distintos departamentos para vós, os alumnos.


https://sites.google.com/site/sofiaitinerarios/
 

sábado, 4 de xuño de 2016

LITERATURA FANTÁSTICA DA MAN DE URCO EDITORA


Dentro das actividades do "Mes das letras no Sofía", tivemos un encontro cos editores de Urco, que explicaron aos alumnos de 4º ESO os segredos do mundo editorial. Ademais, deixáronnos os paneis sobre literatura fantástica que podedes ver actualmente na Biblioteca. 

Se cadra, despois dun ano inmersos na literatura de misterio, procede que o ano que vén nos mergullemos na literatura fantástica. Se así se fai, Urco é todo un referente, como podedes comprobar se buscades na Biblioteca os libros desta editorial que foron adquiridos o ano pasado (mirade no menú do blog "Últimas adquisicións"), ao que engadimos este ano O retrato de Dorian Gray de Oscar Wilde. Si, xa o sabemos, hai que actualizar "Últimas adquisicións" cos títulos que se foron adquirindo nestes últimos meses...

Quen é Urco editora? Unha empresa editorial nacida en 2007 que se adica á publicación sistemática e especializada de literatura de fantasía, ciencia ficción e terror. Teñen varias coleccións que, de seguro, vos interesan: Urco Gótica (xénero gótico e terror, con autores como Edgar Allan Poe, H.P. Lovecraft, William Hope Hodgson, Sheridan Le Fanu ou Bram Stoker), Urco Fantasía (“Biblioteca Conan” de Robert E. Howard ou as obras de fantasía épica de William Morris), Urco Ciencia Ficción (Orson Scott Card, Jack London, Jules Verne...), Alcaián (dentro da colección cabe destacar a serie de novelas “O mundo secreto de Basilius Hoffman“), Biblioteca Niké, Urco Xuvenil (nacida en 2014 ante a demanda de literatura fantástica por parte de xeracións  de lectores das distintas etapas do ensino secundario) e Urco Infantil (xa para máis pequenos).

http://urcoeditora.com/titulos/


Buscade na Biblioteca: encontraredes bastantes libros desta editorial. 
Graciñas aos editores de Urco por estaren connosco e ao departamento de Lingua Galega e Literatura por organizar a actividade. 

Por certo, sabedes quen é Urco

http://es.mitologiaiberica.wikia.com/wiki/Urco

AS VIAXES DE 1º BACHARELATO

Os alumnos de 1º bacharelato visitaron este ano Santiago e Ourense.

Foron a Santiago en novembro, para traballar no proxecto "De Lago a Santiago. Itinerario da lírica medieval". Chegaron o xoves 26 pola tarde e quedaron a durmir en San Martiño Pinario. Ao día seguinte visitaron a Catedral, as cubertas e o arquivo da Catedral. Os resultados desta "investigación" serán dados a coñecer no ano 2016-17. Como adianto, un vídeo dos alumnos:

https://padlet.com/wall/wpdx2d71le0z

E o de Ourense... Xa volo contaremos.