PROXECTO LÓVA

mércores, 30 de maio de 2018

NOVA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA: TRISTES ARMAS


Ola rapaces!
Onte tivemos a derradeira sesión do noso Club de novela histórica, sen contar coa festa final de tortas. A verdade que foi unha pena que non puideramos vir ao completo porque tanto a novela (Tristes armas de Marina Mayoral) como a presentación feita por Sara Pena e Daniela Katrib pagaron a pena.

A novela conta a historia de dúas irmás, Harmonía e Rosa, que parten para a URSS como tantos nenos do Norte de España. Reflicte a dor da súa nai, Carmiña, e a loita por reunir a familia rota. Conta sen maniqueísmos o absurdo da guerra que enfrontou a amigos e familiares. Sobre todo salienta como os lazos da amizade perduran a pesares das divisións das ideas.

Eva explicounos o contexto histórico da Guerra Civil española, as axudas internacionais en cada bando e as viaxes dos nenos refuxiados á URSS que se estiman en 34000 de entre 5 e 15 anos. Púxonos un interesante documental sobre algúns sobrevivintes.

Logo entre todos falamos de recomendacións para as lecturas estivais que aparecerán no noso próximo boletín.

Vémonos na festa das tortas.

martes, 29 de maio de 2018

EXPOSICIÓN SOBRE MARÍA VICTORIA MORENO

Ola rapaces!
Esquecín de contarvos que o Equipo de Dinamización Lingüística preparou, como todos os anos, unha fermosa exposición no corredor con motivo das Letras Galegas.


Nela, co bo gusto que a caracteriza, Antía mesturou flores, follas secas, xoguetes con libros de María Victoria. Nos paneis pode verse unha exposición acerca da vida e a obra da escritora extremeña que se fixo galega por amor.

Non esquezades de adicar uns minutos a mirar con atención e agarimo cada cartel e cada obxecto.






domingo, 27 de maio de 2018

VISITA DO CONSELLEIRO

O pasado venres tivemos a honra de recibir na nosa biblioteca a un antigo alumno moi especial, D. José Manuel Rey Varela, hoxe Conselleiro de Política Social. O motivo da súa presenza foi a entrega de diplomas aos 21 correspondentes que colaboran coa Vicedirección na difusión de todo tipo de bolsas, cursos e noticias interesantes para todos nós. 



Aproveitamos esta singular ocasión para ensinarlle a nosa biblioteca e falarlle das nosas actividades. Un grupo de representantes do noso voluntariado contoulle a el (e a Dona Cecilia Vázquez Suárez, Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, que o acompañaba), o noso proxecto de colaboración coa residencia Geriatros. 

Ambos quedaron moi abraiados da iniciativa e nós contentos e con novos folgos para seguir nela. A noticia tivo repercusión na prensa



VISITA DO CLUB MANGA A CATABOIS

Ola rapaces!
Este mes é o dos encontros e hoxe tivo lugar o I Encontro dos Clubs Manga de Catabois e do Sofía Casanova. Recibíronos alí con moito agarimo. E sei de boa fonte que algunha botou unha lagrimiña ao recordar vellos tempos. 

Logo de ensinarnos a súa fermosa biblioteca, subimos ao salón de actos decorado con motivos manga onde comimos. Invitáronos a bebida e a fruta. A continuación Saúl e Alicia, dous rapaces do Catabois, fixeron a presentación das súas actividades. Seguidamente todos falamos a partir dun xogo de autopresentación no que algún fixo os seus pinitos en xaponés. Escoitamos moitas recomendacións interesantes.

Carolina e Iván, pola nosa parte, falaron das nosas actividades e proxectamos o video sobre diversidade que acabamos de rematar.



Cun agasaio mutuo de sendos marcapáxinas conmemorativos, despedímonos ata o vindeiro curso no que toca que eles veñan a ver a nosa biblioteca.



Creo que hoxe foi o comezo de moitas bonitas amizades.
Ata pronto!







mércores, 16 de maio de 2018

CELEBRANDO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Ola a todos!
Nestas datas para celebrar o Día das Letras Galegas estanse a realizar distintas actividades no noso instituto iremos contando algunhas máis adiante, polo momento deixamos aquí unha presentación na que podedes ver o cartel que fixemos co alumnado de 3º da ESO, algúns marcapáxinas dos de 1º da ESO e un tríptico sobre MARÍA VICTORIA MORENO.

martes, 15 de maio de 2018

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Ola rapaces!

Con motivo do Día das Letras Galegas que celebramos o vindeiro 17, a biblioteca quere lembrar a María Victoria Moreno. Esta escritora e profesora que nada en Extremadura e educada en Segovia, Barcelona e Madrid, chegou un bo día a Galicia. E aquí fixo súa a patria e a lingua galegas.



Ela mesma explicaba:
"A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor".
"Por isto penso que a situación do galego non se pode ver con indiferenza. Se estou coa xente amasa o meu pan e colle no mar os peixes da miña mesa tamén quero falar con eles, falas a súa fala."



Por este compromiso, a RAG lle adica as Letras Galegas.
Ademáis de moitos artigos científicos da súa especialidade en Filoloxía Románica, e libros de texto, María Victoria Moreno escribió:


NOVELAS:
Mar adiante (Historia de nenos par nenos (1973).
A festa no faiado (1983).
Leonardo e os fontaneiros (1986)
O cataventos (1989).
Anagnórise (1989).
¿Un cachiño de bica? (1994)
¿E haberá tirón de orellas? (1997)
A brétema (1999)
Guedellas de seda e liño (1999)



POESÍA:
Eu conto, ti cantas (2005)
Ensaio, poesía e narración. Diario da luz e a sombra (2004)
Elexías da luz (2006).
Onde o aire non era brisa (2009)

Recomendamos vivamente a súa lectura!










mércores, 9 de maio de 2018

NO IES FERROL VELLO

Ola rapaces!
Pois sí, este último trimestre está sendo o das visitas. Estivemos no IES Concepción Arenal, onte no IES Ferrol Vello e o vindeiro día 22 imos ao IES de Catabois.
Pero agora toca falar da visita de onte no Ferrol Vello na que os dous Clubs do noso centro: o Club de Ciencia e o Club de Lectura uniron intereses para facer unha actividade conxunta. O que, debo dicir, foi un auténtico éxito. Hai que repetilo!

A verdade que a caminata non foi pequena, pero logo recibíronos cunha exquisita hamburguesa coa que retomamos forzas. 

Os rapaces de Ferrol Vello eran moi agarimosos e estaban perfectamente organizados. Dividíronos en grupos pequenos comandados polos voluntarios. Foron rotando nas distintas estancias: laboratorio, aula de teconoloxía, biblioteca, aula de informática, etc. onde debíamos facer distintos experimentos.

Tiveron o detalle de agasaiarnos cunha medalla do seu instituto feita coa super impresora en 3D.

Logo de rematar as actividades, despedímonos con pena, pero coa ledizia de haber atopado novos amigos. 

Quedamos que o vindeiro curso, teñen que vir eles ao noso centro.

luns, 7 de maio de 2018

VISITA Ó IES FERROL VELLO


Ola a todos! Esta semana o club de ciencias e o club de lectura xuvenil, do noso instituto visitan o IES FERROL VELLO.





venres, 4 de maio de 2018

Fálame da emigración



Este xoves 3 de maio os estudantes de 2º da ESO tiveron a segunda sesión de traballo dentro do proxecto “Fálame da emigración” organizado por Afundación. Nesta segunda sesión os alumnos poideron explicar aos voluntarios deste programa as súas investigacións realizadas sobre as súas familias o que serviu para coñecer e analizar o fenómeno das migracións contemporáneas contando con casos reais e próximos.

Na web de Afundación podedes tamén acceder ás fotos da primeira sesión. No Diario de Ferrol aparece recollida a realización desta actividade. Esta é a presentación que recolle o traballo realizado.




Durante estes días poderedes ver na biblioteca os mapas cos códigos qr que enlazan aos traballos feitos polos alumnos de 2º da ESO.