PROXECTO LÓVA

mércores, 24 de xuño de 2020

A COFRADÍA DO OBRADOIRO DE MICROESCRITURA


Ola rapaces!

Hoxe é tempo de falar dunha das actividades da biblioteca que, con bastantes anos de historia pois leva activa dende 2014, menos coñecida é e menos publicidade recibe. E penso que sería bo remediar un pouco tal inxustiza.

Refírome ao Obradoiro de Escritura ou de Microescritura (OME) , que leva Emilio ás costas, cal quixotesco cabaleiro sobre o seu Rocinante.



Pouco se asomou o OME ao noso blog, pero ás veces publicamos algúns resultados dos seus máis ínclitos irmáns, como o relato dun pequeño Iago de 1º ESO. Porque dito grupo de valentes ten algo de irmandade ou cofradía. Por alí pasaron históricos infanzóns coma Pepe, autor de poemas ou de luengas sagas épicas, ou Diego, que tamén alumou prodixiosos inventos… Agora a táboa redonda a compoñen gloriosos cabaleiros e damas.
  • O mencionado Iago, de cuxos produtos (gráficos e literarios) algo saben tamén os membros desoutra irmandade manguense.
  • Javi, famoso polos seus relatos con finais borgianos.
  • Sara, de cuxa profundidade retórica tiñamos coñecemento e que foi louvada polo mesmísimo Lord Karlotti.
  • Sabela, dama samurai cunha ampla obra baixo a súa armadura…
  • Tony, xove escudeiro cun amplo abanico de intereses, e que promete moito.
  • Lía, outra dama chegada do Imperio do Sol Nacente...  

Pero falaremos xa da andadura desta orde cabaleiresca durante este ano. Non chegándolles cos encontros semanais dos recreos, decidiron facer tamén quedadas durante un vernes ao mes á hora do almorzo. O seus azos eran tales que non distinguían as xornadas, dáballes igual estar confinados, indiferentes ás noites ou ás mañás. E as mañanciñas encontrabanos coa pluma en ristre pelexando coas musas… E así, durante o duro trance do confinamento, o seu wasap botaba fume e seguían a propoñer retos e enigmas…

Estes son algúns deles.

1. Proposta dun microrrelato regrado. Por exemplo, escribir un conto fantástico que conteña, e por esta orde, estos conceptos (que non palabras):
- nostalgia
- riesgo
- aventura
- misterio
- autoridad

Emilio, lanzaba a luva do reto pero atacaba primeiro con esta aportación:

“Añoro el tiempo en que adoraba escalar sin cuerdas la nariz de un moai, dijo el Ministro de Deportes Suicidas.”

E aclaraba: “Es un relato fantástico porque ese Ministerio no existe. Sería más fantástico aún si el Ministro tuviera dos cabezas, pero también más obvio.”
Segunda aclaración: “Por cierto, el título de mi cuento es: ´Qué bien lo pasaba en la Isla de Pascua, qué pena hacerse viejo´”.

2. Microxénero a partir dunha palabra dunha lista previa. Todos deberán elixir una palabra e mandarlla polo grupo para así facer unha lista con elas. Despois, cada un fará un microrrelato, poema, haiku... relacionado cunha soa palabra da lista.

Velaiquí a lista:
- Abeja
- Manzana
- Cascos
- Ornitorrinco
- Miel

E da primeira palabra saíu o haiku gordo o haikunón:

La abéjula vieja
vuela viajérula por la baja verdura del huerto de mi abuela, como libéluja sobre la borraja.”

3. Microbiografías de heterónimos: O tema do desdobramento intriga moito aos nosos cabaleiros e damas. Moito discutiron sobre él. Algúns elixiron os seus nomes, pero aquí debían dar un paso máis e escribir, sempre en formato micro, a súa biografía. Velaiquí a dun deles, cuxo nome celamos nós tamén:

Mi vida de verdad no se reduce a leer: se extiende. JLB Hoffman”

4. Escribir un microensaio que nos faga reflexionar:
Aquí temos que destacar esta preciosa aportación de Sara que deixa unha interrogación no aire:

¿Es acaso la post verdad la mayor mentira a la que se enfrenta el ser humano?”

5. Cales son os microrrelatos máis breves? E aquí dúas mostras interesantes: o primeiro de Luis Felipe Lomeli e o segundo de Juan Pedro Aparicio:

"El emigrante"
- Olvida usted algo?
- Ojalá!

"Luis XIV"
Luis XIV
Yo.

6. Ler La casa de Asterión de Borges e adiviñar con que personaxe se identifica máis Emilio no confinamento. Pronto coincidiron todos na resposta: ten cornos e vive nun labirinto…

7. Microrrelato sen condicionante: Ábrese o turno dos cabaleiros máis solitarios, aqueles que van por libre como Sara ou Javi:

Cayendo.
Ángeles caídos. Comúnmente llamados pecadores. No merecedores del cielo. Qué difícil es discernir el bien y el mal, el infierno y el cielo, o lo vivo y lo muerto. En el fondo, todo son intereses y avaricia. Todos venimos de lo mismo: del polvo y en polvo nos convertimos cuando llega el momento. Me pregunto, ¿sirve de algo llamar a un ángel caído pecador? ¿Sirve de algo preocuparse por ir al infierno?”

Que recuerdos, me encantaba limpiar los dientes a los dragones, y cuando ellos sonreían mientras volaban, me sentía el más feliz de la tierra, ahora tengo que limpiárselos a los trolls, dijo el playmobil al lego.”

Longa vida ao Obradoiro de Microescritura!

domingo, 21 de xuño de 2020

GUÍA DE LECTURA 2020

Ola rapaces!
A pesar do confinamento, o equipo de biblioteca segue traballando. E antes de marchar de vacacións queremos deixar aquí o folleto de recomendacións de lectura para que disfrutedes lendo este verán.  Nel recollemos unha mostra das actividades deste accidentado curso: as visitas dos escritores (Mariano Durán, Karlotti, Andrea Maceiras), as efemérides (Galdós, Carvalho Calero, Concepción Arenal), os textos de materias STEAM, as nosas preocupacións... 
Damos as grazas aos nosos colaboradores (Ana Seco, alumnos dos Clubs de Ciencia, de Manga e poesía, do voluntariado, ...) por aportar as súas suxestións.

xoves, 11 de xuño de 2020

CARTEIS SOBRE IGUALDADE: MULLERES CIENTÍFICAS

Ola rapaces!
Outra das cousas que quedaron colgadas (mais ben sen colgar) debido ao confinamento, foron uns preciosos carteis de científicas para a decoración do centro.
A idea partiu dunha partida especial da Consellería que debiamos adicar a materiais que non fosen libros sobre a temática de igualdade. Patricia, a profe de mates, falounos da páxina web de  cientificascasio e decidimos ter os carteis nun estupendo formato que nos prepararon nun negocio especializado de impresión. 
Aínda que non as temos enmarcadas, con esta entrada queremos lembrar a importancia de resaltar o labor das científicas ao longo da historia. 

Doce pioneiras como:

  • Hipatia. (360-415) astrónoma, filósofa e matemática. Maestra na biblioteca de Alexandría.
  • Sophie Germain (1776-1831) matemática. Primeira muller en gañar un Premio da Academia de París.
  • Ada Lovelace (1815-1852) matemática e escritora. Primeira programadora de ordenadores.
  • Marie Curie (1867-1934) física e química. Única persona en gañar dous Premios Nobel.
  • Cecilia Payne (1900-1979) astrónoma e astrofísica. Primeira persoa en calcular a temperatura dunha estrela.
  • Ángela Ruiz Robles (1895-1975) mestra, escritora e inventora. Inventou a primeira enciclopedia mecánica
  • Chien Shiung-Wu (1912-1997) física experimental. Realizou importantes descubrimentos sobre física nuclear.
  • Hedy Lamar (1924-2000) inventora e actriz de cine. Inventou o "salto de frecuencia".
  • Katherine Jonhson (1918-2020) física, matemática e científica espacial. Todo un referente na NASA.
  • Margarita Salas (1938) bioquímica. Pioneira en bioloxía molecular.
  • Donna Strickland (1959) física. Inventora dun sistema láser e Premio Nóbel.
  • Maryam Mirzakhani (1977-2017) matemática. Primeira muller en gañar o Premio Fields.
Que o seu exemplo vos axude, especialmente aos rapaces de segundo de bacharelato que estades a iniciar a vosa andaina universitaria!
Boa travesía!




sábado, 6 de xuño de 2020

5 DE XUÑO DÍA DO MEDIO AMBIENTE


Ola rapaces! 


Este ano tan atípico a causa da pandemia do Corona virus, tivemos menos ocasións de facer actividades das que temos previstas na nosa programación da biblioteca. En anos anteriores fixemos campañas para concienciar a toda a comunidade educativa da necesidade de coidar do noso medio ambiente. En ocasións incidimos na necesidade de facer un consumo responsable da auga e o ano pasado insistimos na urxencia de crear hábitos de consumo que nos alonxen do uso de plásticos, especialmente de eses obxectos de un so uso. 
Este remate de curso está sendo un pouco estresante para o noso alumnado, pero falando co grupo de voluntarios da biblioteca lembramos entre todos que, maila que non fixemos unha campaña de reciclaxe como no curso pasado, si que foi un curso onde a reciclaxe estivo moi presente.

Facendo memoria empezamos reciclando sempre as decoracións das campañas da biblioteca, os adornos, os carteis e papeles. Eles sempre se rin dicindo que aquí non se tira nada, que sempre se pode reutilizar. Efectivamente así foi. 
Alá polo Nadal ademais os voluntarios da biblioteca, os grupos de 1º e 2º da ESO, e os clubs de Ciencias, colaboraron para facer una gran campaña de reciclaxe propoñendo propósitos de cambios nas nosas vidas que escribiron en tarxetas e coas que decoramos os corredores e a entrada do centro.

Alí tamén puxemos unha árbore con elementos reciclados na que colaboraron o noso voluntariado en moitos Departamentos do centro como, por exemplo, o de Tecnoloxía.

Por último, os Departamentos de Linguas tamén nos axudaron a propor esta campaña en todos os idiomas do currículo.


Este espírito do coidado da natureza expresouse tamén nas lecturas que fixo o voluntariado nesas datas na visita ó centro de maiores Domus Vi, lendo varios textos que vos deixamos aquí. Continuamos reciclando e no Samaín fixemos os nosos decorados reciclando os grandes carteis da PRIMAVERA DAS LETRAS GALEGAS, do curso anterior, o atrezo do noso grupo de teatro, etc.



Con esa premisa da reciclaxe decoramos as nosas cabazas e fixemos os nosos obradoiros. En novembro reciclamos as nosas flores da campaña de anos pasados para facer unha pancarta que levaron os nosos alumnos de 1º e 2º da ESO á actividade proposta desde o concello. E seguimos a empregalas para a nosa visita ós anciáns con motivo do Día de Loita contra a Violencia de Xénero. De esta campaña titulada:”Pasos para erradicar a violencia”, fomos reciclando os elementos e fixemos a do Día da Paz: “ Pasos pola paz”, a do Día de Rosalía: “ Pasos errantes” e a do Día da Muller: “ Pasos pola igualdade”. Ten razón o noso alumnado: a nosa actitude de gardar e reciclar nas nosas actividades é a mellor campaña que podemos facer.




venres, 5 de xuño de 2020

UN CLUB CHEO DE POESÍA

Ola rapaces!
Como sabedes se sodes seguidores do blog, este curso adicámolo no noso Club de Lectura, á poesía. As últimas sesións non poidemos facelas, pero sí quixemos despedir o ano cunha exposición dos libros de poesía mercados este ano e algúns que xa tiñamos e que nos gustaron de xeito especial.
Durante o ano, disfrutamos coas visitas de poetas amigos como Mariano Durán ou Karlotti. Mágoa que non poidemos contar coa anunciada e poderosa voz de Guillermo Ferrández, que tiña previsto vir no mes de abril! Esperámolo o vindeiro curso.
Aquí van as nosas recomendacións, a modo de resumo, os nosos 10 imprescindibles:

  • Mariano Durán: Radiografía bárbara.
  • Karlotti:"El perdón del intruso"
  • Carmen Jodrá: Las moras agraces.
  • Kavafis: "Itaca"
  • José Manuel Caballero Bonald: "Verdad poética"
  • Escolma salvaxe.
  • Jaime Gil de Biedma: Las personas del verbo.
  • Claudio Rodríguez: Don de la ebriedad.
  • José Martí: Versos sencillos.
  • Carlos Negro: Aplicación instantánea.


.

xoves, 4 de xuño de 2020

O PROXECTO LÓVA

Ola rapaces!



Comezado xa o mes de xuño deste atípico curso, doume conta de que aínda non falaramos aquí dun proxecto da nosa biblioteca que nos tivo moi atarefados, o proxecto LÓVA (Lá ópera vehículo de aprendizaxe).
Desafortunadamente, debido ao confinamento, non poderemos ver a culminación de dito proxecto, a representación da ópera, para a que xa tiñamos data e lugar. Ía ser a véspera de san Xoan, o 23 de xuño, no teatro Jofre.
En condicións normais, estariamos moi nerviosos cos ensaios e os preparativos. Pero non poderá ser.
Non este curso, pero temos intención de retomar o noso proxecto o vindeiro ano e estrear antes do Nadal.
Algúns preguntaredes que é isto do Proxecto LÓVA. Explícovos. Dende a biblioteca impulsamos un proxecto que consiste na creación e montaxe dunha ópera dentro do currículum.

Este proxecto leva xa moitos anos realizándose en Estados Unidos e algúns países de Europa. Tamén en España, e tamén en Galicia. Está enfocado tanto para Educación Infantil, como Primaria e Secundaria. Na nosa comarca, o IES Punta Candieira de Cedeira foi pioneiro en levalo a cabo en Educación Secundaria. E dende alí, contaxiáronos o entusiasmo e decidimos un grupo de profes, tras facer un curso de formación este verán, animarnos a facelo no noso centro.
Alá por outubro comenzamos o proxecto en 4º A organizando o horario e axustándoo ao currículo de materias como Xeografía e Historia, Filosofía, Relixión, Lingua Castelá.
A resposta dos alumnos foi moi receptiva e axiña comezou o traballo, reflectido todo no blog operacariatides. Alí pode seguirse a formación da compañía de ópera Cariátides, o seu logo (no que nos axudaron moito os compañeiros de 4º B de Educación Plástica). 
A elección do tema e a tese da ópera, o reparto de profesións, a redacción do libreto, a composición da música, o deseño de vestiario e perruquería, os traballos dos escenógrafos e iluminadores, o labor dos documentalistas e relacións públicas, as tarefas de dirección e rexeduría...



Tamén visitamos o teatro Jofre e recibimos axudas de profesionais do espectáculo como o tío de David, Pablo Fernández, que nos falou da súa experiencia como creativo en teatros londinenses.


E tamén estivemos no programa de Radiovoz falando deste proxecto e saímos na portada de La Voz de Galicia.

Bo traballo, rapaces! Aínda que o labor non rematara coa estrea, non foi tempo perdido. Tedes moito aprendido acerca de traballar en grupo, respectar as outras opinións, ilusionarse cun proxecto...
Vémonos o vindeiro curso no que esperamos poder levantar o pano!