PROXECTO LÓVA

xoves, 22 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO 2021

 Ola rapaces!

Pois xa está aquí o Día do Libro, a festa na que tradicionalmente o Departamento de Lingua Castelá en colaboración coa biblioteca adica as súas actividades a un autor o a un tema. Outros anos (podedes consultar o noso blog que xa vai tendo bastante solera) os autores elixidos foron: Charles Dickens, Edgar Allan Poe, Nicanor Parra, Benito Pérez Galdós; os temas tratados foron as fábulas, os relatos, a poesía...


Este ano a elixida foi unha muller, ademais coruñesa: a escritora dona Emilia Pardo Bazán (1851-1921) da que se cumpren 100 anos do seu pasamento. Xa noutras entradas deste blog informamos das adquisicións que a biblioteca fixo relativas a esta autora: biografías, películas, versións xuvenís, antoloxías, edicións de clásicos...

Seguro que xa vistes os carteis que adornan os corredores, as escaleiras, as aulas, con imaxes e textos da escritora, especialmente aqueles cunha clara mensaxe feminista, xa que dona Emilia foi unha das primeiras e máis aguerridas defensoras da igualdade de xénero.

Ademais o Departamento convocou un concurso de relatos para todos os alumnos do centro, dividido en tres categorías:

  • 1º e 2º de ESO con 12 participantes.
  • 3º e 4º de ESO con 7 participantes. 
  • 1º e 2º de BAC con 41 participantes.

Por outra banda, este ano, por mor da pandemia, non puidemos facer as nosas tradicionais lecturas no salón de actos, pero esto non impediu que os alumnos da ESO traballaran textos desta escritora.

  • En 1º de ESO fixeron un eixe cronolóxico da vida e da obra de dona Emilia co que adornaron as súas aulas.
  • En 2º de ESO leron o relato "El indulto" e traballaron aspectos da condición da muller na época.
  • En 3º de ESO visionaron a película "A condesa rebelde" e fixeron actividades sobre a vida e o pensamento da autora.
  • En 4º da ESO leron o conto policíaco "A cana" e escolleron as súas citas favoritas para adornar as aulas.

Despois de todas estas actividades, pensamos que todos nós coñecemos un pouco mellor a figura de dona Emilia e valoramos as súa loita en prol do melloramento das condicións de vida das mulleres.

Parabéns a todos pola vosa participación!



venres, 16 de abril de 2021

NOVA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA DE POESÍA

 Ola rapaces!

Hoxe tivo lugar a nova sesión do Club de Lectura de poesía que temos compartido co Obradoiro de Escritura.

Cadaquén falou do que estaba a ler. Pouca poesía, debo dicir. Agás Pilar, que recomenda os poemas vanguardias de Borges, todos elixen narrativa ou ensaio.

Javier está rematando a saga "La llave del tiempo", Uxía recomenda revisitar os relatos fantásticos de Edgar Allan Poe, Carla rematou "Ninfa rota" de Alfredo Gómez e gustoulle moito. Iago recomenda "Pequeño tratado de manipulación de gente de bien" un libro de psicoloxía sobre os tipos de manipulación aplicados ao mundo da publicidade. Pola súa banda, Adrián tamén escolle o ensaio, concretamente un histórico sobre a crise de 1914 e as orixes da Primeira Guerra Mundial, "Os cañones de agosto" de Barbara Tuckman. Emilio sigue co seu amor a Leonardo Padura: "Herejes" do detective cubano Mario Conde. Iago Leandro prefire "A orixe de Loki", o personaxe da saga de Thor. Gabriel escolle "Tiempo de odio" de André Chaposwki, unha novela fantástica.

Tanto Carla como Gabriel tamén escribiron relatos. Ambos leron os seus textos "A morte das rosas" e "Tratado primeiro" que proximamente publicaremos. 

Grazas, rapaces!



Aquí déixovos un emocionante poema de Borges sobre o valor, precisamente, dos libros:


Mis libros (que no saben que yo existo)

son tan parte de mí como este rostro

de sienes grises y de grises ojos

que vanamente busco en los cristales

y que recorro con la mano cóncava.

No sin alguna lógica amargura

pienso que las palabras

esenciales

que me expresan están en esas

hojas

que no saben quién soy, no en

las que he escrito.

Mejor así. Las voces de los 

muertos

me dirán para siempre.

        Mis libros.

mércores, 7 de abril de 2021

TRABALLOS SOBRE AS NOTICIAS

Ola rapaces!

Agora queremos contarvos unha actividade dos rapaces de 1º da ESO na clase de Lingua Castelá coa súa profesora Patricia.

Tratouse dunha actividade colaborativa onde en grupos de dous ou tres rapaces, asimilaron de forma practica os contidos acerca da NOTICIA. 

Primeiro escribiron en Drive o guion das ideas que tiñan e as pautas que ían seguir. Repartíronse os roles de corresponsais dende os lugares máis relevantes, así como o de presentador no estudio. A continuación, grabáronse en vídeo e logo os editaron con aplicacións como Imovie ou Openshot. 

Traballaron así as competencias de Aprender a Aprender e Social e Cívica, ademáis da obvia competencia Lingüística. Foi unha experiencia marabillosa e non podemos máis que felicitarvos pola súa capacidade de traballo en equipo e a súa empatía.

Aquí vedes algúns dos seus vídeos.


domingo, 4 de abril de 2021

"FANFICTION": TRABALLOS CREATIVOS SOBRE POE E O LAZARILLO

Ola rapaces!

Rematada xa a segunda avaliación, queriamos contarvos algo acerca dos traballos creativos que fixeron os alumnos de 1º e de 3º da ESO na materia de Lingua Castelá e Literatura o pasado trimestre.

Os rapaces de 1º tiveron que ler catro relatos de Edgar Allan Poe ("O gato negro", "O corazón delator", "Manuscrito nunha botella", "A mascara da morte vermella") e logo escribir un final persoal e distinto. Tamén tiñan que facer unha presentación orixinal.


O mesmo tiveron que facer os alumnos de 3º da ESO pero aplicado á lectura dun clásico: "O Lazarillo". Parabéns a todos.