Ola compañeir@s!
Desde o equipo da biblioteca e os Departamentos de Orientación e Dinamización fixemos unha proposta de actividades, a toda a comunidade educativa, con motivo da celebración do Samaín. Nas semanas anteriores coa profesora de Ed. Plástica e Visual, María Lanza, o Equipo de Dinamización Lingüística e os Departamentos de Bioloxía e de Ed. Física, organizaron unha saída ó bosque co alumnado de 1º da ESO. Nela recolleron follas e plasmaron os seu achados nunha actividade artística á que lle sumaron, refráns, poemas e cancións do outono. Na biblioteca tamén fixeron cabazas con poemas e con todo estas producións decoraremos o interior e a entrada.
Por outra banda temos convocados varios concursos:
1.- Concurso de relatos de terror.
Bases:
1-O Concurso diríxese a todas as persoas do centro que desexen participar, cada participante pode presentar un máximo de dúas obras.
2-Obras: O tema estará relacionado co medo.
-As obras deberán ser orixinais e inéditas, escritos en lingua galega.
-A extensión será como máximo de catro follas.
-Os relatos deberán aparecer co correspondente título e asinados.
3-As achegas pódense facer por correo electrónico nas seguintes direcións:
casanovadinamizacion2019@gmail.com soficasanovabiblioteca@gmail.com
En formato papel pódense facer na biblioteca do centro, durante os recreos.
2.- Dúas modalidades de concurso de vídeos terroríficos:
A)-Un concurso de vídeos en Tik-tok,facendo o reto da “zoca” e mudando a roupa por un disfraz e outro reproducindo calquer baile terrorífico coa ambientación precisa.
B)-Concurso en calquer formato de vídeo onde se poden contar contos ou recrear textos literarios de terror ou facer un booktrailer dunha obra deste xénero.
Bases:
1-O Concurso diríxese a todas as persoas do centro que desexen participar, cada participante pode presentar un máximo de dúas obras.
2-Obras: O tema estará relacionado co medo.
As obras deberán ser orixinais e inéditas en lingua galega.
A extensión dos vídeos será como máximo de dous minutos.
Os vídeos deberán aparecer co correspondente título e asinados.3-As achegas serán remitidas ás direcións:
Deixamos aquí fotos dos carteis dos concursos.