.
PROXECTO LÓVA
xoves, 22 de decembro de 2022
luns, 19 de decembro de 2022
O NADAL NA BIBLIOTECA
Ola rapaces!
A punto de rematar o trimestre, teño que facer resumo das nosas actividades. Xa case temos a biblioteca rematada coas novas mesas da zona de usos múltiples. A vida na biblioteca durante este trimestre foi moi animada, especialmente grazas ao Club de Xadrez. Esta semana teñen a final do seu campionato.
Tamén hoxe quería recoller aquí os traballos de decoración do Nadal, xa que case tocamos coas mans estas festas. Moitos rapaces e profesores están decorando o centro. Destacamos algúns exemplos.
Beatriz cos seus alumnos decorou a biblioteca con todo tipo de adornos. Destaca a súa árbore con tomos verdes.
Os rapaces de 2º B de ESO axudaron non solo a decorar senón a senalizar mellor os autores da parte de Literatura Xuvenil.
María Lanza, co axuda de moitos cursos, rematou a nosa árbore do corredor principal.
Alumnos de 1º da ESO e de 1º de BAC de Literatura Universal puxéronse de acordo para a realización dunha árbore feita de libros.
A chegada do centro temos outra árbore feita con cartóns de ovos.
mércores, 26 de outubro de 2022
NOVA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA. NOVELA GRÁFICA
martes, 31 de maio de 2022
PILAR BERRIO falou do seu libro no club de Lectura de Adultos
Algúns membros comentaron que esta é unha biografía novelada e pese a que as novelas históricas non son do seu gusto, recoñeceron o enorme esforzo de docuementación e o labor de divulgación que fixo Pilar da figura histórica do enxeñeiro naval Jorge Juan e Santacilia, que tanta repercusión tivo no nacemento da nosa cidade. A maioría pensamos que este personaxe, eminente científico, mariño, enxeñeiro e matemático, que tivo unha vida tan interesante, plagada de acontecementos históricos e políticos moi relevantes, e que cunha mala saúde de ferro emprendeu proxectos e aventuras nas que puxo en risco a súa vida, sempre ao servizo dos intereses do reino de España e da cultura cintífica deste país, era merecedor dos esforzos de Pilar Berrio ; e así deixase de ser para os ferroláns unha solitaria estatua dos xardíns de Herrera. Ela tenta trasmitirnos a súa fonda admiración pola talla intelectual, científica e política deste mariño pero tamén quere achegarnos ó home de profundas convicións relixiosas, membro dos cabaleiros da Orden de Malta. Nun coidado relato no que introducindo persoaxes históricos o outros ficticios tenta achegarnos ó seu carácter cun estilo narrativo co que loita por conservarse fiel ós datos históricos e ás características do pensamento da época. Estivo precisamente a falarnos da dificultade de non caer na tentación de levar a novela por derroteiros máis comerciais. Falounos tamén das orixes do libro, cando paseando pola cidade descubriu a figura de Jorge Juan e como este feito excitou a súa curiosidade polo seu percorrido vital. Xa engaiolada polo personaxe, engade que a nosa compañeira, profesora de Lingua e Literatura Galega, Ana Seco, insistía en animala a escribir sobre a nosa cidade, asegurándolle que Ferrol tiña unha novela. Afortunadamente para todos nós seguiu os seus consellos e a novela é hoxe unha realidade.
Desde o noso blog só nos resta darlle os parabéns por esta obra e agradecerlle enormemete que nos teña acompañado nesta chuviosa tarde de verán que foi finalmente encantadora.
luns, 2 de maio de 2022
GUILLERMO FERRÁNDEZ PRESENTOUNOS "LA CONFESIÓN DE SOTELO"
Na recente sesión do 26 de abril, o Club de Lectura de Adultos reuniuse a propósito do libro La confesión de Sotelo de Guillermo Ferrández, quen tivo a cortesía de asistir. O autor de Conacho, Las arrugas del tiempo o El ferrolano contestou amablemente ás nosas preguntas sobre aspectos da creación literaria e, máis en concreto, acerca de detalles e curiosidades deste o seu último texto. No transcurso da suxestiva conversa xurdiron os temas fundamentais que vertebran a novela: o sentido da vida fronte á morte, as opcións individuais abertas ata o intre derradeiro, o vivir en verdade como pulsión e compromiso, a loita solidaria contra a inxustiza. Resultou una reunión interesante e mesmo emotiva, do que hai que dar de novo as grazas a Gullermo. E deica a próxima, sempre.
Deixamos o enlace a publicación que fixo fai un ano a nosa compañeira Pilar Berrio para presentar este libro. Para lela pica na imaxe.
Non queremos despedirnos sen agradecerlle a Guillermo unha sesión moi agradable con unha conversa marabillosa da que vos deixamos imaxes.
Se queredes disfrutar desta lectura deixámosvos as primeiras páxianas.
sábado, 23 de abril de 2022
Día do Libro 2022
O xoves, 21 de abril, tivo lugar a presentación oficial e firma do libro da nosa compañeira Pilar Berrio, Se llamará Magadalena, na Central Librera Real.
O Venres 22, no kiosko do Cantón de Molíns tivo lugar o recitado de «poemas de combate» en homenaxe ao 50 aniversario do 10 de marzo e da revolución portuguesa do 25 de abril, dentro das actividades propostas polo colectivo impulsor da Semana da Poesía Salvaxe, denominada ahora «A Palavra Encarnada» ,do que o exprofesor do noso instituto, Guillermo Ferrández forma parte importante.
venres, 8 de abril de 2022
DÍA MUNDIAL DA SAÚDE
Foto de La Voz de Galicia |
Este será un programa susceptible de ser ampliado o outros cursos, unha vez se teña avaliado a experiencia. Na Aula Virtual do centro no Curso de Convivencia podemos atopar máis información.
venres, 1 de abril de 2022
DÍA DAS ARTES GALEGAS 2022
Podemos ler aquí a súa biografía, a cronoloxía e ver a súa obra.
martes, 22 de marzo de 2022
Día Mundial da Auga
xoves, 10 de febreiro de 2022
Pilar Berrio Martín-Retortillo publica, Se llamará Magdalena.
Imaxe de editorial-adarve.com/ |
sábado, 22 de xaneiro de 2022
Día da Ilustración e Día da Paz.
Pica na imaxe |
martes, 11 de xaneiro de 2022
DÍA DO USUARI@ DA BIBLIOTECA
O día 11 de xaneiro celébrase o Día da usuaria e do usuario das bibliotecas, por este motivo non queremos deixar de pasar esta oportunidade para agradecer a todos os ususarios e usuarias da nosa biblioteca o seu entusiasmo no seguimento das propostas que adoitamos facer e a súa colaboración en múltiples oportunidades. Para felicitalos adoitamos facer a nosa festa anual das tartas literarias, adiada nestes últimos anos pola situación sanitaria pero que esperamos poder retomar o antes posible. Tamén adoitamos entregar nesa festa os premios ós nosos ususarios en diversas categorías.
Nesta ocasión queremos traer aquí dúas iniciativas que poden resultar de interés para os nosos usuarios.
Que é a Lectura Fácil ( LF)? Son libros, documentos administrativos e legais, textos informativos, páxinas web... que seguen as directrices Internacionais da IFLA( International Federation of Library Associations and Institutions) e de Inclusion Europe en canto á linguaxe, o contido e a forma. A ALF revisa os materiais de Lectura Fácil e os valida co logo LF. A quen se dirixe? A Lectura Fácil diríxese a todas as persoas, en especial a aquelas que teñen dificultades lectoras transitorias (inmigración, incorporación tardía á lectura, escolarización deficiente...) ou permanentes (trastornos da aprendizaxe, diversidade funcional, senilidade...)