Ola rapaces!
O pasado 26 de abril tivemos a sesión correspondente a dous lecturas xa que a primeira tivemos que adiarla por exames. Comentamos a versión de novela gráfica da novela Orgullo e prexuizo, pedida sobre todo polas lectoras de Literatura Universal.
Patricia aproveitou para mercar moitas adaptacións de novelas decimonónicas que estamos a traballar na optativa de 1º de BAC. A pesares de que a experiencia foi moi positiva, Teresa, Carla, Raquel e Samrae è que lles gusta moito máis a lectura das novelas directamente.
Tamén falamos de ¿Me estás escuchando? Trátase dunha novela gráfica dunha autora nova e orixinal que utiliza moitos elementos autobiográficos para contarnos as súas historias: Tillie Walden.
A través de poucas palabras, os debuxos ensinan como dúas soidades poden chegar a comunicarse nesta viaxe tipo road movie.
Moitos de nós, profes e alumnos, plantexamos cuestións que a lectura suxire: o medo a dicir a verdade, a necesidade da amizade...
Por si queredes escoitar a propia autora pinchamos aquí a entrevista que fixo para Mundo Sonoro.