PROXECTO LÓVA

martes, 28 de maio de 2024

HOMENAXE A BENITO VICETTO

Ola rapaces! 

O alumnado de terceiro da ESO realizou o martes 21 de maio unha pequena homenaxe ao escritor, historiador, precursor do Rexurdimento e fillo predilecto de Ferrol Benito Vicetto Pérez, para conmemorar o bicentenario do seu nacemento.





O acto consistiu nun pequeno roteiro polos espazos vitais do autor: barrio de Esteiro, Teatro Jofre, Ferrol Vello. Finalmente leron ao pé da estatua do ilustre autor no Parque Raíña Sofía dous poemas escritos en galego. Tamén realizaron unha pequena ofrenda floral e remataron cantando o Himno galego.

A noticia saiu na prensa local. Podedes vela aquí.



Por outra banda, agora están confeccionando un mural urbano nas paredes do recinto escolar.

Parabéns!

mércores, 22 de maio de 2024

ENFRONTAMENTO ENTRE ANTÍGONA E CREONTE

Ola rapaces!

Aquí temos unha impactante estrea que compartimos na nosa biblio.



Os rapaces do Obradoiro de Escritura de 1º BAC co seu profesor Emilio Saldaña gravaron un resumo do estasimo primeiro da Antigona de Sofocles, realizada no escenario do salón de actos.

Tras a intervención do coro, Antigona e Creonte enfróntanse representando as leis divinas que obrigan a honrar aos defuntos e as políticas que buscan castigos exemplares aos traidores.

Os nosos actores son:

  • Antigona: Inés Díaz-Robles 
  • Creonte: Brais Hernández 
  • Guardián: Ainara Martínez 
  • Coro
    • Lía Aneiros 
    • Alba Bustabad 
    • Adriana Fernández 
    • Carmen Gestal 
  • Imaxe e son: Adriana e Brais

Parabéns!!

xoves, 16 de maio de 2024

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Ola rapaces!

Rematando xa a Semana das Letras Galegas, vos resumimos aquí moitas das actividades que estamos levando a cabo, agasallando a nosa autora Luisa Villalta da que podedes ver un cartel na entrada do centro. 



O luns tivemos a visita de Andrea Maceiras, autora da que leron en 1º de ESO Alma de elefante, unha historia de crecemento e de amor aos animais.

O martes participamos no Festival das Letras no salón de actos con bailes e actuacións sobre as que vos contaremos máis adiante polo miúdo. 


O martes tivemos un estupendo roteiro en Mondoñedo cos rapaces de Literatura Universal e Antropoloxía de 1º de Bac. Visitamos a catedral, o seminario, a casa museo de Álvaro Cunqueiro, o cemiterio, a imprenta e o Pazo de san Isidro. Atendeunos Valentín, o campaneiro, e a noticia saiu en La Voz de Galicia 



O mércores acudiú Eva Mejuto e falou en 4º da ESO da súa  novela 22 segundos.



luns, 13 de maio de 2024

VISITA DE SANTIAGO GARCÍA CLAIRAC

Ola rapaces!

O día 30 de abril tivemos outro encontro literario na nosa biblioteca. Un grupo de alumnos e alumnas de terceiro da ESO leron a novela El principito se fue a la guerra de Santiago García Clairac.



 O autor veu a visitarnos e pasou connosco unha ora na que contestou todas as nostras demandas. Falou da súa carreira literaria que comezou logo de deixar o seu lavoro no eido da publicidade. Contounos a súa formación en Francia e como sempre soubo que querría escribir. 


Sobre a súa novela contounos a pegada que lle deixara a historia familiar na época da Resistencia, o amor que tiña pola obra de Antoine de Saint- Exupery, especialmente por El principito.


Logo de firmarnos algúns libros, os rapaces tornaron a clase, moi satisfeitos de ter coñecido a este interesante escritor ao que ningún deixou de preguntarlle algúnha cousa.

domingo, 5 de maio de 2024

POEMARIO. OS NOSOS POETAS

 Ola! 

Aquí deixámosche o poemario do noso I Concurso de poesía IES Sofía Casanova. 

Como estamos tan orgullosos de vós, non pretendemos achegar nada máis. 

Tan só unha recomendación. Busca un recuncho apracible, consegue silencio e le con tranquilidade para ti mesmo. 

Estamos seguros que che vas a emocionar!

POEMARIO.PDF






Por certo, La Voz de Galicia faise eco da noticia na edición do domingo. Podes lelo aquí

mércores, 1 de maio de 2024

CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO. SEGUNDA PARTE

Como dicíamos na anterior entrada, esta semana tiñamos moitas actividades na biblioteca con motivo do Día do Libro. 

Aquí queremos falarvos do I Concurso de Poesía IES Sofía Casanova do que estamos a preparar un poemario cos gañadores e os accésit para compartir con todos o talento dos nosos rapaces.

O equipo de Biblioteca realmente quedou abraiado pola alta participación neste concurso. Tivemos máis de cen participantes, nas linguas galega, castelá, francesa, inglesa, latina e árabe. Costounos moito elixir os gañadores e os accésit, porque en tantos textos voaba o xenio da creatividade.


Aquí está o listaxe de premiados.

En lingua galega: 

1º ESO

“Non me gusta o meu poema” Mateo Crespo Piñeiro (1ºA) 

Accésit: “Nunha cadeira de madeira” Martín Pereira (1ºB) 

Accésit: “No xardín do corazón florece un amor” Pedro Mascaró (1ºA) 

2º ESO: 

“Poema dun amor primaveral” Sofía Bores Caruncho (2ºD)

3º - 4º ESO:

“O cadro da vida” Lara Prida Seoane (4ºA) 

“E que é a liberdade?” Hugo Alonso López (4ºB) 

En lingua castelá:

1º - 2º ESO: 

“Querer sin querer” Jimena Gómez Ramonde (2ºA) 

Accésit: “Mañanas de verano” Lara Freire Escribano (2ºB) 

3º- 4º ESO:

“Escasez de ideas” Adela Carrera Vergara (4ºB)

Accésit: “Descubriendo el mundo” Pablo Añón García (3ºC)

Accésit: “Un año” Xavier Díaz Bastida (4ºA) 

1º - 2º BACH: 

“Caminos del alma” Noa Gayoso Luaces (1ºA) 

Accésit: “Necesitamos otros cuentos” Inés Pita Rodríguez (1ºA) 

Accésit: “Vida” Ana María Jiménez Ezquerra (1ºA)

Accésit: “Ni los sueños sueños son” Miguel Trillo Valeiro (2ºB) 

Accésit: “Amor de verano” Marta Torres Gestal (2ºB) 

En lingua inglesa:

1º - 2º ESO: 

“Her: Fate” Sofía Bores Caruncho (2°D ESO) 

Accésit: “Weirds birds” Anne Oromendía Silva (2ºB ESO) 

En lingua árabe:

1º - 2º ESO: 

“Me preguntaron sobre algo que alivie la tristeza” Imane Kassimi Idrissi (1ºD) 

3º - 4º ESO: 

“Hay personas cuyas palabras no sirven de nada” Imane Maouard (4ºC) 

En lingua francesa: 

3º - 4º ESO: 

“Ma mère” Yassine Kassimi Idrissi (4ºC) 

“Parmi les nuages qui dansent” Noa Rodríguez Lamas (4ºC) 

1º - 2º BACH: 

“La mer verte” Antonio Rivero Mosquera (2ºB)

As cerimonias de premios foron moi fermosas. En primeiro lugar, todo o alumnado de 1º de ESO, que participou moi activamente, acudiu ao Salón de Actos onde Rosa conduciu a entrega de premios. Os gañadores sairon a recitar os seus poemas co acompañamento da música do piano de Iria Romera. 



Na biblioteca entregamos nunha segunda tanda os premios de 2º, 3º e 4º de ESO. Ata o momento non se soubo quen ián ser os gañadores e a sorpresa podíase notar no ambiente. Poidemos escoitar moitas linguas e moito sentimento no fogar das letras.


A última entrega de premios foi tamén na biblioteca cos participantes do Bacharelato. Tamén Iria acompañounos co seu piano. A madureza e a sensibilidade dos seus versos queda aínda nascosta polos andeis da nosa biblio.


Moitas grazas a todos os profes colaboradores e aos profes poetas, grazas tamén aos xurados. E sobre todo grazas aos rapaces talentosos que superastes o medo e abristes o voso corazón.