PROXECTO LÓVA

domingo, 20 de febreiro de 2011

Urueña, Villa del Libro


Érase unha vez unha vila amurallada castelá situada entre Benavente, Tordesillas, na provincia de Valladolid, onde confluíron nos últimos vinte anos un fato de músicos, libreiros, encadernadores, restauradores e artesáns. En 2005 a Deputación provincial fixo e-LEA, un espazo para a Lectura, a Escritura e as súas Aplicacións, cunha interesante exposición e programa de actividades consultable aquí.
Dous interesantes museos de senllos músicos, o de Joaquín Díaz e o de Luís Delgado, xunto cun insólito Museo de las Campanas engaden un atractivo para quen se interese pola música de raíz.
Concertos de música os domingos, cursiños e outras iniciativas convertiron a este pobo distante a pouco máis de tres horas de Ferrol nun lugar de referencia para quen ame o libro e a música. Tamén xustifica a visita a monumentalidade da súa muralla e as paisaxes da Tierra de Campos e a oportunidade de coñecer a gastronomía destas terras tan sobrias como atractivas.
Se queredes algunha pincelada máis podédela atopar aquí.

1 comentario:

  1. Doy fe de que se trata de un sitio precioso para, con unos atardeceres cárdenos, viajar en el tiempo, no sólo leyendo sino paseando por esas callejas medievales.
    Pilar

    ResponderEliminar