PROXECTO LÓVA

luns, 22 de abril de 2013

UN SAÚDO MOI ESPECIAL CON MOTIVO DO DÍA DO LIBRO

Ola rapaces!
Hoxe quero saudar dun xeito especial aos internautas que acaban de conectarse a este blog co seu móbil a través do código QR do noso tríptico. Escribo isto a piques de comezar o Día Mundial do Libro no que espero que todos disfrutedes coas actividades que con esforzo e agarimo prepararou o Equipo de Biblioteca. En breves días colgaremos resumos, videos e opinións sobre as mesmas. Non deixedes pasar a ocasión de deixarnos tamén os vosos comentarios. Traballamos para vós.
Como xa sabedes, este curso 2012-13, as actividades dedícanse a Charles Dickens e contamos coa colaboración das mellores voces do alumnado da ESO nas súas lecturas dramatizadas de Oliver Twist e Grandes Esperanzas. Este autor tamén está presente nos preciosos traballos e maquetas de alumnos de 1º da ESO que adornan a entrada da miña casa. 
Se vos gusta a idea, adiante! As homenaxes a persoeiros das artes e da cultura non fixeron máis que empezar. E se non, consultade a árbore que tamén decora o tríptico e máis a nosa porta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario