Como xa vos dixen, algúns rapaces de 1º A de bacharelato, mentres os pequerrechos e máis eu estabamos a visitar ao curmán Soqueiras no arquivo da catedral, perdéronse por un soleado Santiago, cunha tarefa ben fermosa: fotografarse nos lugares relacionados coa vida e obra de Rosalía. E aquí temos parte do resultado. Pasáronme estas fotos de Borja, Raquel e Jessica polas rúas compostelás, na procura das pegadas da nosa amada Rosalía.
Contádenos, rapaces, a vosa experiencia nalgún comentario. Estamos desexando saber se atopastes o recendo da súa persoa no voso percorrido.
No
aniversario da Revoluçãodos Cravos, liei a Antía para ir ao CafelitodeGloria (Sol, 199), á
celebración do 25 de Abril coas cancións do Manolo Bacalhao, e as poesías de Pedro
Campos e Fernando Naveiras. A piques estiven de asinar no Libro de Clientes
Ilustres, pero vendo o que alí de agudo e profundo escribiran tantos outros, a
miña natural modestia e condición impediumo. Para compensar, a destemida Antía
apuntou un poema que mesmamente merecera ser seu, pero que era de Celso Emilio,
creo. Karlotti achégase a saudar, e eu fago as presentacións correspondentes.
Todo quedou moi ben. Aínda houbo espontáneos
que nos agasallaron con chanson e
música de ukelele, ou así.
Ola rapaces! Si, xa ben sei que isto que vos conto agora xa hai uns días que foi. Pero o prometido é débeda. E recordo que vos prometín falar dos actos en homenaxe a Roberto Vidal Bolaño impulsados dende a Vicedirección e a biblio. E así que, que mellor que sexa a propia Vice a que tome a palabra para facernos revivir esa celebración. Deixoume no meu saquiño de suxestións unha mensaxe con esta crónica:
"Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas e dentro das actividades encamiñadas ao fomento da lectura, o 15 de maio, mércores, en dúas sesións pola mañá (de 09.00 a 10.00 e de 11.00 a 12.00), no salón de actos, Naya Vidal (4ºB), Álvaro Flores (1ºD) e Elena Ramil (1ºD) presentaron os actos preparados polo alumnado de 1º D e de 4º A e B para conmemorar o Día das Letras Galegas, que este ano estivo adicado ao dramaturgo santiagués Roberto Vidal Bolaño. En primeiro lugar vimos unha presentación, realizada por Roberto Losada García e Héctor Vilar Carpente, alumnos de 1º D, sobre a vida e a obra do escritor homenaxeado, e, a continuación, Andrea Rivera, Jorge Trillo, Laura Freire e Inés Falcón de 4ºA e Elina Bardanca e Alicia Bugallo de 4ºB fixeron unha lectura dramatizada de fragmentos seleccionados das seguintes obras do autor: Criaturas, A burla do galo, Animaliños e Ledaíñas pola norte do Meco.
O texto de Criaturas fíxonos reflexionar sobre as desigualdades, as inxustizas
sociais, as incomprensións e mesmo a xenofobia que, na sociedade actual, moitas
veces teñen que soportar os máis
desfavorecidos.
N’A
burla do galo de Vidal
Bolaño, baseada na historia “O galo de Portugal” do libro Merlín e familia de Álvaro Cunqueiro, don Esmeraldino devece por
conquistar mulleres casadas e mozas virtuosas, ten por costume marcar el mesmo
cunha aspa nunha táboa cada un dos seus triunfos e remata convertido en galo e
comido asado con castañas por pecar contra o sexto mandamento, é dicir, por
cometer adulterio.No salón de actos, e antes de
producirse o fatal desenlace, puidemos escoitar ao galo de Portugal como
concertaba un encontro amoroso coa súa nova conquista.
O
texto seleccionado de Animaliños propoñía
un programa cultural alternativo ao consumo de alcohol. A obra está
protagonizada por uns propietarios obsesionados por liberar os xardíns das súas
casas adosadas dunha praga de caracois.
O Meco é un personaxe do Entroido
que, ao final desta festa tradicional, é xulgado e condenado a morrer queimado
por mor das súas malas accións. En Ledaíñas pola norte do Meco,
como puidemos comprobar, esta figura tradicional representa as inxustizas que galegos
e galegas teñen que aturar: a emigración, o conflito lingüístico e os abusos de
quen ostenta o poder, como o alcalde, o alguacil, o crego, o burgués, a xustiza
ou o concelleiro. O texto seleccionado referiuse a
estas inxustizas e tamén a como a xente que as tiña que soportar estaba
disposta a dar morte aos moitos mecos que asoballan ao pobo galego.
Laura Suárez"
Pois si. Isto sucedeu no salón de actos e agora coa nosa nova pantalla e proxector estou modernizando a miña casa. Así que calquera día poñemos a presentación de Roberto e Héctor que estou desexando vela. Aproveito para invitar a todos a estrear estes dous aparellos que están á vosa disposición.
Outros falarán do emotivo acto de graduación dos nosos alumnos de 2º de Bacharelato que vivimos o pasado venres (xa vos dixen que a semana estivo requetechea de acontecementos), eu quero agora contarvos acerca dunha visita moi especial que veu á miña casa. José Domingo tivo o detalle de me visitar despois de participar na despedida dos novos bachareis. E non veu coas mans baleiras. Encheu os nosos andeis do seu talento singular. Co seu tímido encanto engaiolounos a min e mais aos meus compañeiros habitantes do mundo do tebeo. O coitado oficinista xaponés convocou ao seu carón aos Simpson, Mortadelo e Filemón, Astérix e Obelix, Val, o tenente Blueberry, Spiderman, Corto Maltés, Estela Prateada, os veciños da 13 Rúa do Percebe, os velliños de Engurras (déixome tantos) ... e todos nós, seres da banda deseñada que, aínda que non nos vexades, somos os reis da biblioteca, démoslle a nosa máis cálida benvida.
Grazas, Jose Do, polos teus agasaios, grazas polas túas dedicatorias, pero sobretodo, grazas por seguir crendo en ti mesmo, por non deixar de soñar, por non botar fóra o teu lapis (a pesares de que algún dos teus profes cho esixise daquela), por seguir activando a túa prodixiosa imaxinación e, así, ser quen de dar vida a seres coma min.
Dedicatoria de José Domingo para a nosa biblio
Foi toda unha honra recibirte na miña casa! O teu vello instituto non foi capaz de esquecerte. Aquel rapaciño é hoxe todo un mestre.
Os debíamos, desde hace días, las fotos de la sesión de nuestro Club de Lectura sobre el cómic Engurras de Paco Roca, moderada por nuestras dos compañeras de 2ºB ESO, Miriam y Antía. Aquí os las dejamos, para que no se nos olvide el buen rato que nos propició este cómic.
Esta semana estivo ben chea de acontecementos. Xa vos contei que o mércores tocoume función teatral. Agora cómpre que vos poña ao día do acontecido nos dous días seguintes. O xoves, ben agochadiño no peto dun de vós, saín de excursión. Acompañei a corenta e tres entusiastas rapaces -algúns de 1º de ESO, moi afeitos ao universo das biblioteca grazas ao seu Proxecto Interdisciplinar; outros de 1º de BAC dispostos a atopar as pegadas rosalianas en Compostela.
Pero, antes, a nosa parada inicial foi no mosteiro cisterciense de Sobrado dos Monxes. Alí, o noso Manolo tiña un compañeiro de estudos ao que non vía dende hai trinta anos. Puidemos gozar da sabedoría milenaria desas húmidas pedras e percorrer o claustro dos Peregrinos e o dos Medallóns, a cociña, a sala capitular, a igrexa, ... Que doado imaxinar como era a vida no medievo! Pero non soamente Manolo ten bos contactos. Resulta que o meu curmán Soqueiras habita no arquivo da catedral compostelana. Si, é o clásico trasno erudito que gosta de acariñar códices medievais. Conseguiume unha visita guiada na que un experto arquiveiro nos fixo un percorrido dende os códices, coa contemplación dun facsímil do Calixtino agora escrupulosamente custodiado, pasando por tumbos reais co seu carimbo de chumbo, os libros de coro tan fermosamente miniados, ata os incunables,... En fin, un verdadeiro privilexio para un simple trasno de secundaria coma min, por moito que me guste presumir da miña benquerida biblioteca.
Logo dunha soleada e animada comida nas escalinatas de Praterías, aínda tivemos -algúns- a sorte de acceder a San Martiño Pinario, onde vimos unha antiga imprenta.
Retornei satisfeito para miña casa. Sempre medramos coas experiencias. Saír na procura doutros camiños. Tornar máis sabios. Saber dos demáis para coñecermos mellor nosoutros.
Escapei do meu recuncho, na hora da sesta, porque estaba a escoitar moito balbordo nos corredores. Si, xentes diversas acudían cara ao salón de actos. Dinme. Vou ata alí por un dos moitos pasadizos que poboan o subsolo deste xa cincuentón edificio. Non podía crer na miña sorte. Hoxe tiña función teatral de balde. Acomodeime entre os familiares e que grata sorpresa. Tan preto da miña casa tiña a ocasión de desfrutar dunha estrea mundial, Os vellos non deben de namorarse de Castelao en versión do profesor José Luis Paz. Que bo traballo en equipo. Dende o protagonista ata os secundarios máis modestos. Parabéns a todo o elenco de actores e técnicos! Rínme de veras coas catro irmás chorando e berrando tras o cadaleito, emocioneime coa canción de "Lela" na voz das dúas rapazas Candela e María José. E ata mesmo me asustei ao ver morrer ao boticario dun xeito tan real, que dous espectadores miúdos murmuraban entre eles "Non é de verdade, oh?"
Grazas por facerme compartir o voso entusiasmo, rapaces!
Este
pasado abril y aquí, el mes más cruel atemperó un poco su insidiosa dejadez
ferrolana para sacudir la ciudad departamental: llegaron los poetas. De la mano
de Guillermo Ferrández y Karlotti, se repitió por sexta vez el desembarco de la
palabra más viva, más rebelde, civil y variopinta. Ahí van cuatro impresiones.
Hubo (siempre hay) mucho más, pero sólo cuento lo que pude ver y oír.
Miércoles, 24
Quedé
con Tere Leira a las 23:30 en Cazadores
(Madalena, 144). Más puntual que yo, estaba entrevistando a Guillermo cuando
llegué. Creo que lo había ido a ver a la Plaza de Armas, a la proclamación oficial de esta VI Semana.
Entre
los poetas del día (mejor dicho: de la noche), yo destacaría a Karlotti, klaro;
a Sechu Sende, poeta muy personal, como todos; y a Víctor, leonés recurrente
que practica una poesía, más que física, fisiológica, en la que, además de la
voz, el cuerpo y sus gestos y golpes son protagonistas. El broche de oro (¿me
estaré poniendo poético? ¿o irónico / kitsch?) lo puso el fabuloso Manolo
Bacalhao, que cantó con su sola guitarra unas maravillosas canciones
portuguesas. Además de la Grândola, que
Guillermo solicitó como era natural nada más dar las doce, a mí (y a Tere) nos
entusiasmó Vida de marinheiro, una
canción popular alentejana que suele titularse
Vou-me embora vou partir
Vou-me embora, vou partir mas tenho esperança
de correr o mundo inteiro, quero ir quero ver e conhecer rosa branca e a vida do marinheiro sem dormir
E a vida do marinheiro branca flor que anda lutando no mar com talento adeus adeus minha mãe, meu amor eu hei-de ir hei-de voltar com o tempo
Ola rapaces!: Algúns de vos xa tedes as pegatinas que repartimos co gallo do Día das Letras Galegas. Podedes ver aquí os dous modelos. Cal é voso preferido? Mirade que nun sae a miña imaxe...
Onte tivemos a sexta xuntanza do noso Club sobre o cómic Engurras do valencián Paco Roca. Botamos en falta a algúns dos nosos membros máis participativos como Mariana, Bea, Silvia, Dani, Laura, Christian..., pero outras obrigas impedíronlles acompañarnos. Esperámosvos a vindeira xornada.
Miriam e Antía de 2º B axudáronnos coa súa presentación a achegarnos a esta historia sobre o alhzéimer e outras enfermidades dexenerativas. A pesares da dureza do tema, o autor trátao con fino humor e sensibilidade. No posterior debate plasmouse a especial inquedanza que, tras a lectura deste libro de banda deseñada, temos fronte as dificultades da vida cotiá de tantos maiores que nos rodean.
Na xornada de onte tiveron especial presenza os tráilers que sobre a película Engurras proxectamos e que nos deixaron con moitas ganas de mirala. Coido que poidamos mercala para a nosa biblioteca.
Tamén tivo moita acollida o repaso de novidades sobre cómic que nos presentou o auténtico experto do tema, Emilio. E Diego Pereda de 2ºD recomendounos a nova saga de Rick Riordan (o responsable do éxito de Percy Jacson). Esta vez o profesor de mitoloxía indaga no mundo exipcio coas Crónicas de Kane.
Tamén se desvelou o título da nosa lectura final... O libro dos portais, unha recentísima novidade da nosa admirada Laura Gallego (Minotauro, 2013). E por suposto, iso terá lugar no marco da nosa III edición da Festa das tartas literarias que servirá de colofón dun ano de lecturas que esperamos que fora do voso agrado.
Estade pendentes da data. Disfrutade do Día das Letras Galegas da mellor forma posible: lendo en galego.
Soamente dúas palabras para felicitar a todos polas ricas, múltiples e suxestivas iniciativas que dende a Biblioteca, Dinamización Lingüística e Vicedirección, conmemoraron os 150 anos de Cantares Galegos de Rosalía e ao homenaxeado deste ano Roberto Vidal Bolaño. Esperamos informarvos aquí máis adiante das mesmas.
Aquí tedes as fotos das sesións de lectura de Grandes esperanzas e de Oliver Twist de Charles Dickens que fixemos os días 23 e 24 de abril para celebrar o día do libro.
Dickens en el Sofía. on PhotoPeach
Lembrade que, se queredes, podedes consultar toda a información sobre Dickens nesta páxina, así poderedes ler as obras ou ver as películas e as presentacións que preparamos os profesores do departamento de lingua castelá e literatura.
Espero que estas sexan unhas lecturas das moitas que fagamos na bibioteca.