Ola poetas:
Non esquezades que este martes temos a sesión do club de lectura na biblioteca do Sofía. Penso que vai estar interesante, xa que o libro de Jordi Sierra i Fabra da para moita reflexión. Aquí deixo algunhas preguntas que me xorden despois da lectura de Las chicas de alambre.
- Somos como a imaxe que reflectimos de nós?
- Que parte de nós mesmos gardamos e que parte compartimos?
- Que deixamos que os demais coñezan de nós?
- Coñécennos da mesma forma a nosa famila e os nosos amigos?
- Estamos preparados para nos mover neste mundo de espellismos?
- Estamos contentos co noso corpo? E coa nosa mente? Temos equilibrados corpo e mente?
- Andamos no bo camiño? Somos fortes para non caer nas tentacións do mal e do camiño fácil e rápido?
- Coñeces a Platón? E a Aristóteles? E a Nabokov?
Ata o martes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario