Pedimos a Emilio que nos contara a experiencia do Obradoiro de Escritura que dirixe e o fai ao seu estilo:
OBRADOIRO DE (micro)ESCRITURA
Todo texto breve que empeza e
¿acaba? é microescritura. Que sexa literatura é outro
cantar, pero no horizonte do Obradoiro (OmE) tal condición aparece
xa desde o principio como a súa finalidade natural. No fondo, como
Kipling, todos queremos escribir o conto máis fermoso do mundo.
Velaiquí un listado improbable de
microxéneros:
- Titular
xornalístico Aforismo Anécdota
verídica / sucedido pintoresco
- Haiku
Esquela Discurso político mitineiro
Graffiti Greguería
- Carta
de amor Carta de desamor Carta de odio,
directamente
- Nota
de suicidio (exemplar, se é de Vila-Matas)
Panxoliña
- Escolio
a un texto implícito Chiste verde (ou non) Chiste mariano
Xaculatoria
- Programación
Didáctica Post-It para neveira ou lavalouzas
- Informe
do psiquiatra forense de garda Atestado policial
Adiviña, adiviñanza
- Informe
do profesor encargado da aula de convivencia Jingle
publicitario Caligrama
- Nome
de pía de Agustín Lara (microxénero hápax
legomenon)
- Solicitude
de emprego doméstico no taboleiro do súper
Message in a
bottle
- Pregunta
capciosa / filípica, de polo menos 2 tonantes minutos, con 4
subordinadas, 3 aposicións (unha delas digresiva meramente) e 5 ½
finas ironías do profe de Filosofía
- Anuncio
de bebida isotónica Pesadelo por escrito
Epitafio Entrada do D.R.A.E.
- Entrada
do día de San Valentín do mítico Diaaaario adolescente (con ou
sen debuxiños de corazóns, smilies,
coitelos, faragullas e unicorños
rosas)
- Nota
de prensa, sección Ecos de Sociedade
Receita de cociña luguesa caseira
- Instrucións
de montaxe dun armario de lavabo Godmorgon con 2 caixóns
- Declaración
de (boas) intencións de Primeiro de Ano
Pé de foto
- … e
CONTO CURTO
Temos a intención de continuar o ano
que vén, pero polo de agora levamos feito:
- algunha pescuda de microxéneros de
xornal
- un intento de conto
fantástico-humorístico que non callou ( a outra proposta era algo
de dark fantasy, pero alguén tiña medo de sufrir
pesadelos, e desbotouse)
- variacións sobre o coñecido
microrrelato do dinosaurio de Monterroso
- un conto a 4x2 mans algo tolo, e
aínda por rematar
- unha pequena obra de teatro aportada
por Diego
- fragmentos para lectura e discusión
da opus magnum de Pepe, “Leyendas de Jinmei”
- unha dicusión sobre a posible
mascota do OmE (un librocán, un gatolibro, un librogatocán, un rato
de biblioteca escribidor, …), con suxerencias para dibuxala
Do dito xa se bota de ver que hai máis
futuro que presente no OmE, e máis brincadeira que académico
currículo tamén. A cousa évos perder o medo a que se lea o que
escribides, pasalo ben e ¿mellorar? co tempo.
Emilio dixit.