O venres 28
de novembro estivo con nós na Biblioteca Xoán R. Silvar no marco
das actividades realizadas neste “Novembro, mes da ciencia en
galego”. Despois de máis de trinta anos no Sofía dando clase a
varias xeracións, Silvar volveu para falar aos alumnos de 2º ESO de
“Lingua(s) e ciencia”. A ciencia, os tipos de ciencia, a linguaxe
científica, as linguas da ciencia, a investigación da musicóloga
suíza Dorothé Schubarth en colaboración con Antón Santamarina e as razóns de por que el, un rapaz de Ferrol, comezou a usar o
galego na súa vida particular e profesional, foron varias das
cuestións tratadas na súa exposición. Uns poucos privilexiados de
2º ESO B quedaron máis tempo e o bombardearon con preguntas sobre
algunhas das facetas da súa vida: a música, a ornitoloxía, o medio
ambiente, a súa tarefa como profesor, etc. Moi interesados parecían…
Haberá entre eles algún futuro científico?
Continuará…
Porque novembro acabaría, pero nós continuamos lendo ciencia na
biblioteca e fóra dela.