Sábado, 13 de xuño 2015: La
Voz de Galicia. Pois si. Un paso máis. O consello de administración da
asociación Eau et Lumiere aprobou onte en París solicitar á Comisión Europea a
inclusión das Meninas de Canido na rede de Itinerarios Culturais Europeos (en España, o Camiño de Santiago, a ruta do Quixote) da Ruta dos Impresionistas. Eduardo
Hermida entrou onte no consello da asociación europea, e presentou a
idea en Montmartre. Parece que (vid. Carlos
Agulló, enviado especial a París de La Voz de Galicia) a
recuperación deste espazo impactou aos expertos franceses.
Amplía imaxe
Na Biblioteca do Sofía estamos felices. Desde que María
Lanza e os seus alumnos de EPV nos deron a coñecer esta iniciativa -eles xa
estiveran alí, participando-, entre todos vimos que era algo que merecía a
pena: por iso ReciclArte
e LiteraturizArte (vid. dentro do sitio a exposición ReciclArte, como se
fixo, e a guía
de lectura Meninas). Por iso estivo connosco
Eduardo Hermida. E por iso desde o Sofía -e para o que teñades nunha
aplicación do móbil- se está a traballar en:
O ROTEIRO DAS MENINAS DE CANIDO
Proximamente
Seguiremos informando, pero aí vos vai un adianto.
Parabéns, Eduardo. Parabéns a todos os que participan neste movemento/revolución cultural en que se convertiu as Meninas de Canido. Ás veces, as árbores medran contra todo e a pesar de todo; ás veces nace arte no lugar máis insospeitado. Ás veces. Pero si, é posible. Coma vós, nós cremos que é posible. Que todo é posible. Con ganas, con traballo, con criterio... É posible.
Ningún comentario:
Publicar un comentario