PROXECTO LÓVA

xoves, 25 de xaneiro de 2018

O CLUB DE LECTURA NA IDADE MEDIA

Ola rapaces! 
Pouco tempo tiven de reflectir por escrito as miñas impresións da última sesión do noso Club de Lectura de novela histórica. Tivo lugar o pasado martes 23 e comentamos o libro de César Mallorquí: La catedral. 

Como  se está facendo costume, decoramos a biblioteca con dúas mesas. A primeira adicouse á construcción da catedral, tema sobre o que versaba a novela (maquetas, ferramentas, obxectos decorativos...) e a segunda á representación dun mercado medieval que adoitaban situarse nas inmediacións das catedrais. Aproveitamos materiais do museo etnográfico do noso IES (cestas, xerras, ferramentas e utensilios domésticos relacionados coas labores do tecido o muiño e outras cos medios para transportar as mercadorías, etc...). Vily deunos unha magnífica clase sobre a tecnoloxía do medioevo.

Eva explicounos moi ben o proceso de deseño destos grandiosos templos. Falounos das diferenzas entre o estilo románico e o gótico. Aprendimos sobre tantos oficios que interveñen na construcción dunha catedral.

Sofía e Deva fixeron a presentación da novela e logo opinamos sobre ela.
Todos, penso, pasámolo francamente ben. E aprendimos a valorar aquilo que os nosos ancestros deixáronos: verdadeiros tesouros de pedra.


Ningún comentario:

Publicar un comentario