PROXECTO LÓVA

venres, 23 de marzo de 2018

UN MUNDO DE LENDAS

Ola rapaces!
Antes que nada, quixera desexarvos unhas felices vacacións de Semana Santa, nas que espero que aproveitaredes para ler e descansar.

Pero antes aínda vos debo unha reseña da pasada xuntanza do noso Club de novela histórica do martes día 20. Con tantos exames e avaliacións, de verdade, que non tiven nin un minuto para facela.
Pero agora é o momento.

Como sabedes, tocábanos ler O frío azul de Ramón Caride, unha apaixoante aventura ambientada en terras que coñece moi ben o autor -nado en Cea-, lugares da montaña ourensá e lucense tan fermosos como Doncos ou Oseira.


Alí mestúranse as lendas da muller corza coas peripecias de Lourenzo o abade. A expulsión dos xudeus coa vida dos monxes do mosteiro de Oseira, un lugar anclado no tempo e aínda hoxe cheo de vida, e que pode visitarse física ou virtualmente


As dúas Danielas fixeron a presentación e logo todos xogamos ao Pasapalabra que nos preparou Eva e que gañou un avantaxado Javi.
Disfrutamos tamén na comida da compañia dos rapaces correspondentes e pasámolo, coma sempre, moi ben.
Vémonos axiña.

Ningún comentario:

Publicar un comentario