PROXECTO LÓVA

martes, 26 de novembro de 2019

25 DE NOVEMBRO, DÍA DE LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Ola compañeiros e compañeiras!


Este ano para celebrar o 25 de novembro, o Día internacional  de Loita contra a Violencia de Xénero, desde o Departamento de Orientación e os equipos de actividades complementarias e extraescolares, dinamización lingüística, igualdade e da biblioteca do centro,  fixeron unha proposta de actividades ampla na que puideron traballar nas titorías e nas áreas, todo o profesorado e grupos do instituto.



Continuamos coa campaña iniciada no curso pasado na que decidimos plantarnos contra a violencia de xénero, insistindo nesta ocasión en chamar a atención sobre os comportamentos, mensaxes e usos das redes sociais que poden pasar desapercibidos como violencia machista. Entendemos que a violencia vaise aprendendo e aceptando en pequenas doses. Esto fai posible que non interpretamos que cando alguén nos quere controlar para saber ónde estamos, con quén falamos ou as mensaxes e grupos nos que participamos,  sexa unha sinal de violencia de xénero. Pero estes son os primeiros banzos dunha escaleira que vai conducindo a comportamentos gradualmente máis violentos.


Por tal motivo, púxose a disposición das titorías un vídeo da web Pantallas Amigas, onde se identifican formas de violencia de xénero no uso das redes sociais. Tentando que sirva para iniciar a profundización sobre estes aspectos da violencia. Posteriormente o alumnado redactou conversas falsas de whatsapp que representaban relacións de desigualdade entre rapaces e rapazas, reflexionando sobre os comportamentos de control e dominación que se poden exercer utilizando este tipo de medios, identificando eses comportamentos e dando propostas de solución para que as persoas que poidan estar nunha situación parecida, e así podan enfrontarse a ela e superala. Para a realización desas conversas falsas propuxéronse entre outras fórmulas, a de empregar a web Fake Whatsapp, na que non se precisa darse de alta e pode ser utilizada desde calquera ordenador. Unha vez creada a conversa, o alumnado debería sacar unha captura de pantalla desa conversa e gardala no seu escritorio, para poder imprimila despois.


Por outra banda, outros grupos traballaron na realización dun vídeo no que recitaron a letra da canción “antipatriarca” de Ana Tijoux, que foi traducida ó galego polo equipo de dinamización. 


Este equipo tamén participou o venres día 22 de novembro, xunto con un grupo de profesores e varios cursos, na actividade organizada pola Concellería de Igualdade e Muller do Concello de Ferrol. Tratábase dunha peza teatral musical do grupo Chévere, As Fillas Bravas . Ó acto que tivo lugar no auditorio municipal, acudiron cunha pancarta que contíña o lema da nosa campaña, que se fixo na biblioteca do centro.





























Para rematar, na entrada do instituto fíxose unha exposición de paneis que recollían os carteis, as conversas de whatsapp e a pancarta. Tamén unha mesa da biblioteca con recomendacións de lectura contra todo tipo de  violencia que sofren as mulleres. Nesta mesa podíanse leer tamén algúns relatos do alumnado do centro que resultaron premidos en certames literarios no pasado curso.  Atopábase así mesmo, a aportación do club Manga Sofía, que fixo  debuxos e variacións dunha imaxe con mensaxes contra a violencia de xénero. 






Ó longo de toda a maña do luns os grupos foron baixando con os seus profesores e foron lendo as mensaxes que se colgaron durante as xornadas anteriores. 






En posteriores entradas seguiremos a informar polo miúdo sobre todas as actividades pero non queremos pasar a data sen deixar aquí a nosa mensaxe de rexeitamento contra esta lacra social que é a violencia de xénero.




Ningún comentario:

Publicar un comentario