PROXECTO LÓVA

venres, 29 de novembro de 2019

VISITA AO XERIÁTRICO DO NOSO VOLUNTARIADO

Ola rapaces!
O pasado mércores 27 tivemos unha nova xuntanza do noso voluntariado con motivo da efemérides do día 25, o Día contra a Violencia de Xénero.
A verdade que, por mor dos exames, estivemos moi pouquiños, pero puxemos moitas ganas.
Logo de comer xuntos, comezamos a preparar a actividade que consitiu en:
  • Unhas presentacións sobre dous poemas.
  • A lectura de catro textos:
    • Co tempo un aprende de Verónica Shoffstall.
    • ¿Por qué grita esa mujer? de Susana Thénon.
    • Recibí flores hoy de Mariano Osorio.
    • Antipatriarca de Ana Tijoux.

  • A realización dun mural no que díciamos que nos plantábamos contra a violencia de xénero no que os maiores escribiron as súas ideas, os seus nomes nus pétalos de flores.

Coma sempre, os anciáns estiveron moi agarimosos connosco.
Esperamos ter levado un pouco de ledicia as súas vidas.
Ata a vindeira xuntanza!


mércores, 27 de novembro de 2019

GUÍA DE LECTURA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Ola rapaces!

Deixámosvos aquí a guía de lecturas para estas xornadas sobre a violencia de xénero.





martes, 26 de novembro de 2019

25 DE NOVEMBRO, DÍA DE LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Ola compañeiros e compañeiras!


Este ano para celebrar o 25 de novembro, o Día internacional  de Loita contra a Violencia de Xénero, desde o Departamento de Orientación e os equipos de actividades complementarias e extraescolares, dinamización lingüística, igualdade e da biblioteca do centro,  fixeron unha proposta de actividades ampla na que puideron traballar nas titorías e nas áreas, todo o profesorado e grupos do instituto.



Continuamos coa campaña iniciada no curso pasado na que decidimos plantarnos contra a violencia de xénero, insistindo nesta ocasión en chamar a atención sobre os comportamentos, mensaxes e usos das redes sociais que poden pasar desapercibidos como violencia machista. Entendemos que a violencia vaise aprendendo e aceptando en pequenas doses. Esto fai posible que non interpretamos que cando alguén nos quere controlar para saber ónde estamos, con quén falamos ou as mensaxes e grupos nos que participamos,  sexa unha sinal de violencia de xénero. Pero estes son os primeiros banzos dunha escaleira que vai conducindo a comportamentos gradualmente máis violentos.


Por tal motivo, púxose a disposición das titorías un vídeo da web Pantallas Amigas, onde se identifican formas de violencia de xénero no uso das redes sociais. Tentando que sirva para iniciar a profundización sobre estes aspectos da violencia. Posteriormente o alumnado redactou conversas falsas de whatsapp que representaban relacións de desigualdade entre rapaces e rapazas, reflexionando sobre os comportamentos de control e dominación que se poden exercer utilizando este tipo de medios, identificando eses comportamentos e dando propostas de solución para que as persoas que poidan estar nunha situación parecida, e así podan enfrontarse a ela e superala. Para a realización desas conversas falsas propuxéronse entre outras fórmulas, a de empregar a web Fake Whatsapp, na que non se precisa darse de alta e pode ser utilizada desde calquera ordenador. Unha vez creada a conversa, o alumnado debería sacar unha captura de pantalla desa conversa e gardala no seu escritorio, para poder imprimila despois.


Por outra banda, outros grupos traballaron na realización dun vídeo no que recitaron a letra da canción “antipatriarca” de Ana Tijoux, que foi traducida ó galego polo equipo de dinamización. 


Este equipo tamén participou o venres día 22 de novembro, xunto con un grupo de profesores e varios cursos, na actividade organizada pola Concellería de Igualdade e Muller do Concello de Ferrol. Tratábase dunha peza teatral musical do grupo Chévere, As Fillas Bravas . Ó acto que tivo lugar no auditorio municipal, acudiron cunha pancarta que contíña o lema da nosa campaña, que se fixo na biblioteca do centro.





























Para rematar, na entrada do instituto fíxose unha exposición de paneis que recollían os carteis, as conversas de whatsapp e a pancarta. Tamén unha mesa da biblioteca con recomendacións de lectura contra todo tipo de  violencia que sofren as mulleres. Nesta mesa podíanse leer tamén algúns relatos do alumnado do centro que resultaron premidos en certames literarios no pasado curso.  Atopábase así mesmo, a aportación do club Manga Sofía, que fixo  debuxos e variacións dunha imaxe con mensaxes contra a violencia de xénero. 






Ó longo de toda a maña do luns os grupos foron baixando con os seus profesores e foron lendo as mensaxes que se colgaron durante as xornadas anteriores. 






En posteriores entradas seguiremos a informar polo miúdo sobre todas as actividades pero non queremos pasar a data sen deixar aquí a nosa mensaxe de rexeitamento contra esta lacra social que é a violencia de xénero.




martes, 19 de novembro de 2019

200 ANOS DO MUSEO DO PRADO

Ola rapaces!
Hoxe cúmprense 200 anos do nacemento do Museo do Prado, a primeira pinacoteca nacional e unha das máis importantes do mundo. Unha colección real que nace pola inquedanza da raíña Isabel de Braganza, esposa portuguesa do rei Fernando VII e que, pasados 200 anos, constitúe un patrimonio de todos os españois do que debemos sentirnos moi orgullosos.

Recoméndovos un programa da 2 sobre o Museo do Prado, do divulgador: Ramón Gener:


Xa o propio google recorda esta efeméride abrendo hoxe con este debuxo o navegador :


Durante este ano 2019 moitos eventos lembraron esta efeméride: a concesión do Premio Princesa de Asturias, a exposición que hoxe inaugura a Raíña Letizia sobre "Debuxos de Goya", que se suma as outras sobre "Historia de dos pintoras: Sofonisba Anguissola y Lavinia Fontana", que quere poñer en valor o papel das mulleres pintoras.
Pero desde o noso modesto blog de biblioteca, queremos recordar que o museo do Prado é o marco, ou o argumento dun importante número de libros que vos recomendamos.
Aquí vos deixamos algúns deles:

Un clásico: Tres horas en el Museo del Prado de Eugenio D´Ors:












Unha historia épica: a do salvamento dos cadros cando a guerra civil que inspirou a obra de teatro de Rafael Alberti: Noche de guerra en el Museo del Prado.












Unha novela de misterio bastante recente: El maestro del Prado y las pinturas proféticas de Javier Sierra 
  












Un libro sobre os retratos da familia real do historiador Eslava Galán:



Por último, a mellor das recomendacións: non deixedes de visitar as salas do museo, perdéndovos nelas, empapándovos da súa arte e da súa maxia.
E se non podedes facelo de xeito real, sempre queda a opción das visitas virtuais. Pica neste enlace.
Agradecerédesmo!

En vindeiras entradas procuraremos deixarvos algúns links de obras do Museo do Prado que teñan relación con proxectos da biblioteca, como é o caso das do Proxecto Venus.

luns, 18 de novembro de 2019

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Ola rapaces!
Este mes, como xa sabedes, está adicado á Ciencia en Galego. Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria téntase impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.
Pola nosa banda queremos amosar ás diferentes iniciativas para facer ciencia en galego que se van facendo realidade en outros centros, por iso dixámovos un enlace onde podedes ver recursos de outras bibliotecas, que ven pulicando a páxina da asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia. Se picas na imaxe podes acceder a eles.


E tamén queremos darlle publicidade o seu Pínterest, onde se  recollen multitude de posibilidades de lecturas adpatadas ós intereses dun amplo rango de idades.

Para rematar amosamos no expositor da entrada, da  nosa biblioteca, algúnhas das recentes adquisicións dos Departamentos de Ciencias do centro.


Non queremos finalizar o ano 2019 sin lembrar que este ano celébrase o 150 aniversario da táboa periódica de Mendeléyev.
Imaxe de Natioanal Geographic España
Pica para ver máis.
E esta táboa Periódica interactiva en galego realizada polo Dep de Física e Química coa participación do alumnado do IES DE MELIDE pareceunos que pode ser do voso interese.

domingo, 17 de novembro de 2019

SEGUNDA XUNTANZA DO CLUB DE POESÍA

Ola rapaces!
O pasado martes tivo lugar a segunda xuntanza do Club de Poesía. De novo poidemos escoitar os nosos poemas favoritos. Comezou Pilar co Itaca do grego Constantin Kavafis. 




Itaca
Cuando emprendas tu viaje a Itaca
pide que el camino sea largo,
lleno de aventuras, lleno de experiencias.
No temas a los lestrigones ni a los cíclopes
ni al colérico Poseidón,
seres tales jamás hallarás en tu camino,
si tu pensar es elevado, si selecta
es la emoción que toca tu espíritu y tu cuerpo.
Ni a los lestrigones ni a los cíclopes
ni al salvaje Poseidón encontrarás,
si no los llevas dentro de tu alma,
si no los yergue tu alma ante ti.

Pide que el camino sea largo.
Que muchas sean las mañanas de verano
en que llegues -¡con qué placer y alegría!-
a puertos nunca vistos antes.
Detente en los emporios de Fenicia
y hazte con hermosas mercancías,
nácar y coral, ámbar y ébano
y toda suerte de perfumes sensuales,
cuantos más abundantes perfumes sensuales puedas.
Ve a muchas ciudades egipcias
a aprender, a aprender de sus sabios.

Ten siempre a Itaca en tu mente.
Llegar allí es tu destino.
Mas no apresures nunca el viaje.
Mejor que dure muchos años
y atracar, viejo ya, en la isla,
enriquecido de cuanto ganaste en el camino
sin aguardar a que Itaca te enriquezca.

Itaca te brindó tan hermoso viaje.
Sin ella no habrías emprendido el camino.
Pero no tiene ya nada que darte.

Aunque la halles pobre, Itaca no te ha engañado.
Así, sabio como te has vuelto, con tanta experiencia,
entenderás ya qué significan las Itacas.

Deste poema escoitamos a versión musicada en catalán de Lluis Llach.

A continuación Daniela recitou dun libro que guarda coma un tesoro porque llo regalaron de nena un poema de José Martí: "Los zapaticos rosas". Emilio recordou outro do mesmo autor: "La niña de Guatemala" e tamén escoitamos unha versión cantada do mesmo.
Sergio elixiu un poema de Robert Frost "Nada dorado puede permanecer" que se inclúe na novela de Susan Hinton, Rebeldes; Raquel inclinouse por "Un recordo", un texto de Rosalía; Manuela por  "Unha noite na eira do trigo" de Curros, do que tamén escoitamos a versión de Pucho Boedo e Os Tamara.
E así, cunha boa e variada selección de poemas, chegamos ao final da reunión.
Aproveitamos tamén para falar das novas adquisicións da biblioteca que xa, todos, temos a nosa disposición. E sí, tamén temos poesía!




mércores, 13 de novembro de 2019

LENDO RELATOS DE MEDO NO SAMAÍN

Ola rapaces e rapazas!
Onte pola tarde tivo lugar na biblioteca unha sesión de lectura moi especial,  que xa tiñamos programada, tal como rezaba o noso cartel “Contos de medo”. Decidimos empregar textos de Edgar Allan Poe, aproveitando que este ano é o 170 aniversario do seu pasamento. Queremos deste xeito facerlle unha pequena homenaxe a un dos autores favoritos de moitos lectores do noso centro. 
Coa intención de sorprender aos rapaces e rapazas, puxemos velas e libros do escritor nunha mesa no centro da estancia coas luces apagadas, de xeito que todo parecía o máis fantasmagórico posible. O alumnado de 1º da ESO entraba expectante pola teatralidade do momento, cando de súpeto, mentres estaban acomodándose, víronse interrompidos por un ser que ocultaba o seu rostro baixo unha túnica branca con rachaduras, coma se acabase de saír da procesión da Santa Compaña. Se ben é certo que enseguida souberon que se trataba da profesora de Galego; Pilar, que é a mente detrás destas iniciativas de dinamización.



Tiñamos preparada unha presentación coa que se ía ilustrando a lectura da “Máscara da morte Vermella”, ó tempo que a profesora lía o relato en voz alta, poñéndolle toda a paixón e o misterio que o momento precisaba.

Imaxinades que lles resultou unha sesión entretida, e estades no certo, pero ademais, pretendiamos chamar a atención sobre a importancia do modelo lector. Para que os rapaces teñan oportunidades  de aprender dun lector adulto. 

Por suposto, tamén participou algún voluntario lendo outros contos terroríficos de varios autores. 



Deixamos una pequena lembranza desta sesión ó pé da nosa árbore do Samaín na biblioteca.



Tamén vos queda a presentación con fotos do evento.

venres, 8 de novembro de 2019

SAMAÍN 2019

Ola a rapaces!

Este ano para celebrar o Samaín, coma no curso pasado, colaborando co Equipo de Dinamización Lingüística do centro, fixemos unha proposta de actividades que van desde un concurso de relatos de medo, misterio e terror, ata a celebración de obradoiros do Samaín  o martes, día 5 pola tarde, co alumando de 1º da ESO.

Para continuar coa tradición  desta festa celta, fixemos en primeiro lugar un concurso de decoración de cabazas, cos elementos que trouxeron os nenos e nenas que quixeron participar. Estaban todas fantásticas e para que todos poidan admiralas puxemos unha pequena exposición na entrada do centro.
En sucesivas entradas deste blog informaremos sobre o fallo dos xurados para premiar este concurso e o de relatos.
Na biblioteca quixemos dar opcións ós rapaces e rapazas que non trouxeron cabazas pero que desexaban participar da festa. Programamos distintos obradoiros de creación de cabazas de papel, de confección de libros en forma de follas, cabazas e castañas. Neles os nenos ían poñendo refráns, cantigas, poemas ou adiviñas relacionadas co tempo e os froitos do outono, ou co Samaín. Tamén tiñamos preparados obradoiros para facer elementos decorativos cos que fixemos o noso cartel de Samaín da biblioteca e adornouse a entrada da biblioteca e a do instituto.


O grande mural que está na biblioteca conta ademais cunha selección de libros de medo e terror, en castelán e galego, para un abano amplo de gustos e idades, que esperamos inciten ó noso alumnado a seguir lendo.

   Así mesmo, colgamos algúnha das obras saídas dos obradoiros, de xeito que podedes leer refráns, cantigas, poemas e adiviñas sobre este tempo de festa no outono.


Foi unha xornada moi intensa e entretida pero temos que agradecer a colaboración de todos os nenos e nenas participantes e dos profesores que tiñan clase na tarde con eles. Da xefa do Departamento de Orientación; Paz, que estivo pendente da integración dos rapaces con algunha dificultade. Da Xefa do Equipo de Dinamización; Pili, que estivo a cargo da actividade. E non podemos esquecer a Antía que sempre nos sorprende coas súas decoracións.                                   

Para rematar, queremos  agradecer tamén ás nais do ANPA, que sempre están dispostas a axudar en todas as acitividades que se programan desde o centro. Graciñas a todos e todas.
 Desexamos que vos animedes a seguir participando destas actividades complementarias coas que tentamos poñervos en contacto con novas lecturas.
Aquí deixamos unha presentación na que podedes ver algúnhas fotos da xornada.