Ola rapaces!
Onte tivo lugar a sesión do Club de Poesía, correspondente ao mes de xaneiro. Demos a benvida de novo a Sara e contamos coa visita dalgúns invitados, como Javi. Cadaquén deu lectura aos seus poemas seleccionados. E debo dicir que houbo un pouco de todo pero que o conxunto resultou moi enriquecedor.
- Pilar leunos "No volveré a ser joven" de Jaime Gil de Biedma, que tamén puidemos escoitar na voz de Loquillo.
- Daniela seguiu co seu poeta de cabeceira, José Martí, ao que se sente moi ligada dende a súa infancia pola súa orixe cubana. Leunos "Yo soy un hombre sincero" e tamén o escoitamos en versión de Pablo Milanés.
- Sara trouxo unha novidade, o libro de Eme: La revolución de los sentidos (Ed. Punto Rojo) do que compartiu o texto titulado "No al bullying".
- Manuela elixiu "La tumba y la rosa" de Victor Hugo, plenamente romántico.
- Javi escolleu, da escolma de Poesía Salvaxe, varios títulos: "Tinta" de David González, "Wheeping sound" de Deborah Vukusic.
- Sergio recitou "Que é para ti a poesía?" de Carlos Negro.
- Raquel trouxo de Joaquín Sabina, "Cuerpo, corazón y deseo".
Terminamos vendo vídeos de Alejandra Martínez de Miguel, en concursos poéticos callejeros de Madrid como Poetry Slam Madrid
E tamén nos gustou moito o televisivo César Brandon como, por exemplo, recitando "Cero".
Tamén caldeamos as próximas visitas de poetas como Guillermo Ferrández ou Karlotti, coa lectura dalgúns dos seus poemas.
Por último, Sara emociunounos a todos lendo algunhas das súas creacións. Aquí hai madeira!
Coma sempre, despedímonos cun texto: o de Jaime Gil de Biedma pertencente ao poemario Poemas póstumos:
Que la vida iba en serio
uno lo empieza a comprender más tarde
como todos los jóvenes, yo vine
a llevarme la vida por delante.
Dejar huella quería
y marcharme entre aplausos
envejecer, morir, eran tan sólo
las dimensiones del teatro.
Pero ha pasado el tiempo
y la verdad desagradable asoma:
envejecer, morir,
es el único argumento de la obra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario