PROXECTO LÓVA

sábado, 28 de novembro de 2020

MES DA CIENCIA EN GALEGO. ANDRÉS AVELINO COMERMA

Ola rapaces!

O alumnado do STEMBach do Sofía fixo un artigo publicado no blog do EDL que tedes a disposición entre as pestanas superiores desta publicación, no que se facía unha recopilación das propostas instutucionais para a celebración deste Mes da Ciencia en Galego. Desde este blog da nosa biblioteca queremos destacar a figura de Andrés Avelino Comerma y Batalla a quen este ano a Real Academia Galega de Ciencias rende homenaxe e que contou coa aportación do seu bisneto, o profesor Luis Puig Mosquera, no acto de celebración do Día da Ciencia en Galicia que tivo lugar o 8 de outubro. 

A figura e a obra deste ilustre científico que desenvolveu o seu traballo na nosa cidade está tratada por dous profesores do noso instituto: O historiador Guillermo Llorca autor dunha biografía e dun roteiro: “Paseo por lugares emblemáticos de Comerma en Ferrol”, elaborado polo Consello da Cultura Galega e editado polo Concello de Ferrol, que foi presentado no marco da celebración do acto homenaxe “Deixen traballar a Comerma”, organizado pola RAGC, que podedes ver picando a imaxe.


O Catedrático de matemáticas Luis Puig Mosquera, foi o encargado de facer unha semblanza do seu bisavó na conferencia inaugural do Día da Ciencia en Galicia 2020. Nunha xornada que estivo presidida polo presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Juan M. Lema Rodicio, e polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo. Como podeder ver nos vídeos que vos deixamos aquí.


Esta institución tamén lle adica o seu anuario a este enxeñeiro e arquitecto naval, Andrés Comerma que en palabras de Luis Puig Mosquera “Era unha mente de vangarda que serviu a Ferrol e a Galicia" e "unha personalidade inqueda ávida de novos coñecementos” que non se limitou únicamente ó campo da enxeñería naval, no que destacou sobradamete, senón que  se interesou por todo tipo de innovacións científicas e técnicas desde a electricidade, os raios x, a telefonía, e un amplo abano de campos dos que dan conta as súas viaxes ás Exposicións Universais de París e Londres e as súas publicacións que vos deixamos a continuación:




COMERMA Y BATALLA, A. A. (1868): Curso práctico de construcción naval. Ferrol: Imp. de El Eco Ferrolano. Primeiro libro de texto oficial sobre o tema e medalla de prata na Exposición Marítima de Barcelona.
COMERMA Y BATALLA, A. A. (1879): Ligeros apuntes de la Exposición internacional de París de 1878, por Un Testigo Ocular, A Coruña: Tip. de El Comercio.
COMERMA Y BATALLA, A. A. (1.884): La Exposición Internacional de Pesca de Londres en 1883. Ferrol. El Correo Gallego.

Para rematar queremos deixarvos como  referencia bibliográfica sobre ese notable enxeñeiro, esta obra na que participou  Luis Puig como autor.

E, por último, deixamos  este lugar  no que podedes atopar  imaxes  antigas sobre a construción do Dique da Campá do que tomamos esta fermosa imaxe; se picades nela podedes acceder ó blog.




venres, 27 de novembro de 2020

OBRADOIRO DE MEMES CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

 

Como contabamos na entrada anterior, este curso a realización de actividades comúns presenta máis dificultades debido ao protocolo anti-covid, pero iso non pode acabar coa celebración dun día como o 25 de novembro. 



Os titores e outros profesores de diferentes materias que quixeron participar colaboraron no desenvolvemento de obradoiros para a realización de memes en contra da violencia machista. A actividade partía dunha presentación común que podedes consultar na seguinte ligazón

A partir das preguntas propostas nese documento e do debate que se deu nas aulas propúxoselle ao alumnado que crearan os seus propios memes contra a violencia machista, entendendo que a violencia de xénero non queda unicamente restrinxida aos golpes, insultos e ameazas, senón que comeza e se difunde de maneiras moito máis sutís que debemos aprender a detectar para evitalas.

Algúns dos memes creados nesta actividade están dispoñibles na seguinte ligazón e poderedes velos impresos durante estes días no vestíbulo de entrada do instituto.

Tamén tedes no corredor algúns textos da biblioteca sobre o tema. 


mércores, 25 de novembro de 2020

25 NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Ola rapaces! 

Un ano máis chega esta data na que queremos lembrar a importancia de, aínda nestes tempos nos que temos outras preocupacións, non baixar a garda respecto a este grave lacra social.

O 25 de Novembro é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e dende a biblioteca e o Club de Letras estamos a impulsar unha actividade sobre a que vos falaremos máis polo meúndo en vindeiras entradas porque aínda estades a participar nela.

Tedes, tamén, no corredor de entrada, como adoitamos, unha selección de textos sobre o tema que pode ser do voso interese.




martes, 17 de novembro de 2020

REUNIÓN CLUB MANGA



Ola rapaces!

Queremos comunicar que finalmente teremos a reunión do club Manga de xeito presencial o día 19 de novembro na nosa biblioteca durante o segundo recreo ás 12'10.

Despóis da xuntancia inicial dos clubs da biblioteca, esta será a nosa primeira xuntanza de traballo, estamos ilusionados ante as posiblidades que se abren este curso para ser moi coidadosos e tamén moi creativos para facer as nosas actividades neste tempo de pandemia. Esperámosvos a todos os membros do club que querades participar nas actividades de este curso.

Deixamos aquí o cartel da reunión.



mércores, 4 de novembro de 2020

LIBROS DOADOS POLO POETA JULIO PÉREZ DE GAMARRA

 Ola rapaces!  O poeta ferrolán Julio Pérez de Gamarra tivo o detalle de facer unha doazón de libros para a nosa biblioteca. E aínda por riba, deunos as grazas por ter recibido os seus libros e regalounos un dos seus poemarios adicados especialmente a nós.



Aproveitamos a ocasión para falarvos de quen, en palabras de Concha Zardoya "es un poeta auténtico que teme prodigarse demasiado por respeto a sí mismo y a la alta Poesía a que aspira siempre. Por eso nos ha entregado un libro de madurez, intenso y reconcentrado".

Segundo conta o propio Julio, comezou bastante tarde a escribir poesía, logo de ter gostado moito na súa mocidade dos versos de Rubén Darío o Luis Cernuda. Foi xa cumpridos os 40 cando sentiu que se lle viñan á cabeza palabras que resultaron ser un poema. Grazas a Concha Zardoya que o animou, saíu un primeiro poemario En la mirada de los corzos (1990) ao que seguiu Dispersa ya la arena (1994). Os dous textos foron reunidos no volume Poesía (1981-1997) editado polo Concello de Ferrol no 1998. 



Esperamos que todos vosoutros, e en especial os rapaces que gustan da poesía, que a len, que están comenzando a emborronar papeis, teñades en Julio un bo exemplo a seguir.

Que mellor xeito de rematar que cun poema de Julio, no que a metáfora da escritura está detrás dunha declaración amorosa:


Sueño tu cuerpo cual página ofrecida

a la lenta caricia de la péñola.

Mis manos, demoradas, rozarían

la suave superficie de tu piel,


dejando trazos de íntima escritura.

Borrando y repitiendo lo ya escrito

para decir mi amor con mil rodeos.


Una trama de signos caligráficos

a ti se ceñiría, prietamente,

transformando tu cuerpo en palimpsesto

de secretas caricias sucesivas...


Mas es soñar con nieve en el verano,

pues no poseo el talismán preciso

que abra tu corazón a mis palabras."

        Palabras en tu piel.


Grazas Julio! Esperámoste na nosa biblioteca cando queiras!