PROXECTO LÓVA
- Inicio
- CATÁLOGO BIBLIOSOFÍA
- IES SOFÍA CASANOVA
- BUSCA UN LIBRO NO SOFÍA
- RED DE BILIOTECAS DE GALICIA
- LEER NO SOFÍA
- GUÍA ALFIN/AMI
- ITINERARIOS LECTORES
- CLUB DE LECTURA DE ADULTOS
- ADQUISICIÓN EN PINTEREST
- CANAL YOUTUBE
- BIBLIOTECAS VIRTUALES CATÁLOGO ONLINE
- EXPERIENCIAS DE LECTURA NO SOFÍA
- SOCAS RECOMENDA
- CLUB MANGA SOFÍA
- VOLUNTARIADO BIBLIOTECA
- FORMULARIO
- ENQUISA FIN DE CURSO
- CLUB DE LETRAS
- PROXECTO LÓVA
- SOFÍA DINAMIZACIÓN
- RADIO DO SOFÍA
- ACTIVIDADES TITORÍAS
- CLUB LECTURA XUVENIL
- E-LBE.2
- BILBIOSOFÍA
sábado, 28 de novembro de 2020
MES DA CIENCIA EN GALEGO. ANDRÉS AVELINO COMERMA
venres, 27 de novembro de 2020
OBRADOIRO DE MEMES CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA
Como contabamos na entrada anterior, este curso a realización de actividades comúns presenta máis dificultades debido ao protocolo anti-covid, pero iso non pode acabar coa celebración dun día como o 25 de novembro.
Os titores e outros profesores de diferentes materias que quixeron participar colaboraron no desenvolvemento de obradoiros para a realización de memes en contra da violencia machista. A actividade partía dunha presentación común que podedes consultar na seguinte ligazón.
A partir das preguntas propostas nese documento e do debate que se deu nas aulas propúxoselle ao alumnado que crearan os seus propios memes contra a violencia machista, entendendo que a violencia de xénero non queda unicamente restrinxida aos golpes, insultos e ameazas, senón que comeza e se difunde de maneiras moito máis sutís que debemos aprender a detectar para evitalas.
Algúns dos memes creados nesta actividade están dispoñibles na seguinte ligazón e poderedes velos impresos durante estes días no vestíbulo de entrada do instituto.
Tamén tedes no corredor algúns textos da biblioteca sobre o tema.
mércores, 25 de novembro de 2020
25 NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Ola rapaces!
Un ano máis chega esta data na que queremos lembrar a importancia de, aínda nestes tempos nos que temos outras preocupacións, non baixar a garda respecto a este grave lacra social.
O 25 de Novembro é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e dende a biblioteca e o Club de Letras estamos a impulsar unha actividade sobre a que vos falaremos máis polo meúndo en vindeiras entradas porque aínda estades a participar nela.
Tedes, tamén, no corredor de entrada, como adoitamos, unha selección de textos sobre o tema que pode ser do voso interese.
martes, 17 de novembro de 2020
REUNIÓN CLUB MANGA
mércores, 4 de novembro de 2020
LIBROS DOADOS POLO POETA JULIO PÉREZ DE GAMARRA
Ola rapaces! O poeta ferrolán Julio Pérez de Gamarra tivo o detalle de facer unha doazón de libros para a nosa biblioteca. E aínda por riba, deunos as grazas por ter recibido os seus libros e regalounos un dos seus poemarios adicados especialmente a nós.
Aproveitamos a ocasión para falarvos de quen, en palabras de Concha Zardoya "es un poeta auténtico que teme prodigarse demasiado por respeto a sí mismo y a la alta Poesía a que aspira siempre. Por eso nos ha entregado un libro de madurez, intenso y reconcentrado".
Segundo conta o propio Julio, comezou bastante tarde a escribir poesía, logo de ter gostado moito na súa mocidade dos versos de Rubén Darío o Luis Cernuda. Foi xa cumpridos os 40 cando sentiu que se lle viñan á cabeza palabras que resultaron ser un poema. Grazas a Concha Zardoya que o animou, saíu un primeiro poemario En la mirada de los corzos (1990) ao que seguiu Dispersa ya la arena (1994). Os dous textos foron reunidos no volume Poesía (1981-1997) editado polo Concello de Ferrol no 1998.
Esperamos que todos vosoutros, e en especial os rapaces que gustan da poesía, que a len, que están comenzando a emborronar papeis, teñades en Julio un bo exemplo a seguir.
Que mellor xeito de rematar que cun poema de Julio, no que a metáfora da escritura está detrás dunha declaración amorosa:
Sueño tu cuerpo cual página ofrecida
a la lenta caricia de la péñola.
Mis manos, demoradas, rozarían
la suave superficie de tu piel,
dejando trazos de íntima escritura.
Borrando y repitiendo lo ya escrito
para decir mi amor con mil rodeos.
Una trama de signos caligráficos
a ti se ceñiría, prietamente,
transformando tu cuerpo en palimpsesto
de secretas caricias sucesivas...
Mas es soñar con nieve en el verano,
pues no poseo el talismán preciso
que abra tu corazón a mis palabras."
Palabras en tu piel.
Grazas Julio! Esperámoste na nosa biblioteca cando queiras!