Ola rapaces!
PROXECTO LÓVA
mércores, 24 de febreiro de 2021
Día da Muller e a Nena na Ciencia
luns, 15 de febreiro de 2021
PANDEMIA DE AMOR
mércores, 10 de febreiro de 2021
CONCURSO DE GREGUERÍAS
Ola Rapaces! Esta volta quería contarvos que na clase de Lingua Castelá e Literatura de 4º ESO C fixemos unha orixinal iniciativa: un concurso de GREGUERÍAS.
Gregue... que? Greguerías. É dicir, como dicía o seu inventor Ramón Gómez de la Serna, unha greguería responde á fórmula:
"metáfora e humorismo".
Unha frase inxeniosa que recolla un xogo de palabras, unha imaxe orixinal e inxeniosa.
Ademais do texto, o concurso pedía facer un debuxo que recollese a esencia da greguería. Todos os rapaces participaron e algúns fixeron verdadeiras marabillas.
A gañadora foi Paola Rivera cunha frase moi actual, nestes tempos de pandemia "Las mascarillas son nuestra segunda piel". E, sobre todo, un gran debuxo, no que demostra as súas dotes de pintora.
Pero houbo moitos outros merecedores do premio. Aquí tedes algunhas mostras.
Parabéns a todos!
xoves, 4 de febreiro de 2021
DÍA DA PAZ 2021
A semana pasada celebramos o Día da Paz, e este curso inmersos como estamos nesta terceira onda da pandemia, afixémonos a empregar nas nosas conversas moitos conceptos relativos á saúde. Neste contexto propuxemos desde os Departamentos de Orientación, Dinamización lingüística e a Biblioteca, construír unha caixa de primeiros auxilios da Paz, en cada aula, con elementos que contribúan a facela realidade na nosa contorna.
Para o traballo nas aulas puxemos a disposición dos titores un cartafol con imaxes libres de material médico, para que o alumnado propoña en cada elemento unha posible medida ou tratamento contra a violencia, por exemplo: Pílulas de boas palabras ou eloxios aos semellantes, apósitos adhesivos para os enfados, termómetros para controlar a ira, inxeccións para aumentar o autoconcepto positivo, máscara para combater os insultos, vitaminas de comprensión, tesoiras para cortar as discusións, etc.
Para a realización da actividade co alumnado deixamos a disposición do profesorado unha serie de vídeos sobre cuestións que afectan á convivencia.