mércores, 24 de febreiro de 2021

Día da Muller e a Nena na Ciencia

Ola rapaces!

O 11 de febreiro celebramos, impulsado pola ONU, o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, este ano co lema: "Máis aló das Fronteiras: Igualdade na Ciencia para a Sociedade". Sabemos que nos últimos anos, a comunidade internacional ven de facer un gran esforzo para promover a participación das mulleres e as nenas na ciencia. Aínda así, a brecha de xénero nos sectores da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñería e as matemáticas (STEM) persiste en todo o mundo. 
Por este motivo, desde os centros educativos, póñense en marcha inicaciativas como a da Universidade de Vigo, na que ó longo do mes de febreiro, un total de 32 investigadoras e un investigador ofreceranlles a 34 centros educativos de toda Galicia 70 charlas virtuais sobre o seu traballo e sobre o papel da muller na ciencia e na tecnoloxía.
O noso instituto participou, coa conferencia dunha antiga alumna do noso centro Dna; Francisca Rivera Fariña, Catedrática de Psicoloxía Básica e Psicoloxía Xurídica do Menor é Investigadora Principal do Grupo PS1 (Psicoloxía Xurídica) da Universidade de Vigo. 
Fixo unha introdución falando sobre a biografía de Sofía Casanova, e cómo esta viviou a separación dos seus país do mesmo xeito que moitos nenos e nenas viven na actualidade esas circunstancias. Esto serviulle para introducir o núcleo da investigación do equipo que dirixe, que se centra nas vivencias dos fillos de parellas en proceso de divorcio, como unha oportunidade de crecemento e de revertir esa realidade en fortalezas. Falou tamén da conexión da súa rama de investigación, a psicoloxía, co dereito e da valoración da psicoloxía, non como unha liña meramente humanista, senón como unha disciplina científica máis, insistindo en que a investigación científica non se esgota nas matemáticas a física ou as ciencias naturaise e a tecnoloxía. Rematou animando a todas as nenas a profundizar na súa formación como medio para encarar o seu futuro como mulleres independentes e libres.

A segunda iniciativa estivo proposta desde os departamentos de Orientación, o equipo de Dinamización e a Biblioteca. Consistiu en publicitar algúns materiais para colocar nos corredores e outros espazos do centro unha serie de posters enmarcados coas figuras de mulleres científicas senlleiras e unos calendarios coa mesma temática para colgar en cada aula con datos e información biográfica relevante sobre estas mullers que fixeron carreira  na ciencia.
Tamén se fixo unha proposta de materias para a reflexión nas titorías como a infografía que podedes ver o picar a imaxe. 

E vídeos educativos que se trataron nas titorías como este que vos deixamos de Margarita Salas.



Por otra banda, o alumado de 4º da ESO da área de L. Galega coa súa profesora Pilar Vázquez fixeron presentacións e vídeos sobre algunha desta mulleres científicas.

 
Por último, o equipo de profesores responsables no noso centro do Bacharelato STEMbach: Cristina López Suárez e Elisa Moreira García, xunto co Departamento de actividades extraescolares, propuxo facer  charlas nas aulas da ESO a cargo do alumnado de esta modalidade de bacharelato. Os rapaces e rapazas de 2º de Bach, expuxéronlles ós nenos e nenas os proxectos de investigación nos que están a traballar, facendo unhas presentacións moi dinámicas sobre o producto que desenvoveron nel e as fases de cada un, tansmitíndolles deste xeito en que consiste o modelo científico de traballo. Tamén levaban unhas batas brancas nas que portaban a imaxe de algunha científica destacada. Rematada a conferencia, procederon a facer un concurso de preguntas sobre estas mulleres científicas mediante kahoots que tiñan preparados. A gran calidade do traballo e a coidada exposición deixou ó alumando dos primeiros cursos da ESO, asombrados do capacidade de traballo do alumnado do Stembach. Esta admiración despertou a curiosidade e as ganas de facer tamén eles e elas no futuro algunha incursión no mundo da investigación científica. Foi unha xornada moi productiva e da que vos deixamos algunhas imaxes.

luns, 15 de febreiro de 2021

PANDEMIA DE AMOR


Ola compañeiros!
Este ano polo 14 de febreiro, desde os departamentos de Orientación, Dinamización lingüística e da Biblioteca, fixemos unha proposta de actividade para ler ou escribrir poemas de amor. Para o que deixamos un cartel na entrada do centro e todos o profesorado que o desexaran, coa axuda do alumnado das súas clases, poderían ler ou escribir poemas no cartel. Na mesa que está ó lado, deixamos folios con textos de moitos autores,  en varios idiomas. Alí tamén dispoñían de outros materiaias como rotuladores, ceras de cores, tesoiras, pegamento, para que todos fixesen as súas achegas e así completar o cartel da "Pandemia de amor". Existía a posibilidade de que cada un fixese os seus propios versos, ou participase reproducindo os dun autor dos que tiñan propostos. Como tamén temos moitos artístas algúns colaboraron facendo lettering, esta forma de caligrafía decorativa que está tan de moda entre o noso alumnado. Aquí deixamos alguhas fotos do proceso.


mércores, 10 de febreiro de 2021

CONCURSO DE GREGUERÍAS

Ola Rapaces! Esta volta quería contarvos que na clase de Lingua Castelá e Literatura de 4º ESO C fixemos unha orixinal iniciativa: un concurso de GREGUERÍAS.

Gregue... que? Greguerías. É dicir, como dicía o seu inventor Ramón Gómez de la Serna, unha greguería responde á fórmula:

"metáfora e humorismo". 

Unha frase inxeniosa que recolla un xogo de palabras, unha imaxe orixinal e inxeniosa.



Ademais do texto, o concurso pedía facer un debuxo que recollese a esencia da greguería. Todos os rapaces participaron e algúns fixeron verdadeiras marabillas. 



A gañadora foi Paola Rivera cunha frase moi actual, nestes tempos de pandemia "Las mascarillas son nuestra segunda piel". E, sobre todo, un gran debuxo, no que demostra as súas dotes de pintora.




Pero houbo moitos outros merecedores do premio. Aquí tedes algunhas mostras.



Parabéns a todos!




xoves, 4 de febreiro de 2021

DÍA DA PAZ 2021

Ola compañeiros.
A semana pasada celebramos o Día da Paz, e este curso inmersos como estamos nesta terceira onda da pandemia, afixémonos a empregar nas nosas conversas moitos conceptos relativos á saúde. Neste contexto propuxemos desde os Departamentos de Orientación, Dinamización lingüística e a Biblioteca, construír unha caixa de primeiros auxilios da Paz, en cada aula, con elementos que contribúan a facela realidade na nosa contorna.
Para o traballo nas aulas puxemos a disposición dos titores un cartafol con imaxes libres de material médico, para que o alumnado propoña en cada elemento unha posible medida ou tratamento contra a violencia, por exemplo: Pílulas de boas palabras ou eloxios aos semellantes, apósitos adhesivos para os enfados, termómetros para controlar a ira, inxeccións para aumentar o autoconcepto positivo, máscara para combater os insultos, vitaminas de comprensión, tesoiras para cortar as discusións, etc.


Para a realización da actividade co alumnado deixamos a disposición do profesorado unha serie de vídeos sobre cuestións que afectan á convivencia. 

VÍDEOS

TOLERANCIA: 


SABER VALORAR ÁS PERSOAS





RESOLUCIÓN DE CONFLITOS 


Para apoiar a reflexión nas aulas tamén deixamos unha serie de lecturas.




Tras o visionado e o diálogo na aula, cada participante escribe nun dos debuxos un remedio contra a violencia, coas achegas de todos construímos a nosa caixa de primeiros auxilios para a PAZ, coas aportacións de todos fixemos un mural na entrada do centro.

Deixamos aquí exemplos do resultado da actividade nalgunha alula. 

Tamén podedes ver a páxina na que recollemos os traballos do alumnado, que realizaron esta actividade en formato infografía ou imaxe dixital. Pica aquí.