Ola rapaces!
Hoxe tivemos unha nova xuntanza do noso Club de Novela Gráfica no que limos Los dioses mienten, de Kaori Ozaki. Trátase dun manga que presenta a Natsuru e a Suzumura, un rapaz e una rapaza, que con once anos atopan na sua amizade o mellor dos antídotos contra a sua soidade.
Aínda que a lectura parecía máis sinxela que a de Persépolis, xa que apenas tiña texto, a Teresa e Carla non lles convenciu demasiado a lectura ao revés. A Samrae si que lle interesou o relato, o tema da amizade entre os personaxes e como, grazas a ela, os rapaces superan os seus problemas. Patri e Dani tamén expuseron a súas opinións.
Chegaron hoxe dous novos profes ao noso club (Raquel e Emilio), pero botamos de menos a Lucía e a Sergio.
A próxima lectura xa non será de manga senón de un clásico V. de Vendetta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario