Ola rapazada!
Durante o mes de outubro tivemos no noso centro dúas actividades relacionadas co Samaín: o concurso de microrrelatos e a lectura de contos de medo dos compañeiros e compañeiras de Literatura Galega do Século XX e a Actualidade para o alumnado de 1º da ESO.
Respecto ao concurso de Microrrelatos, desde a Biblioteca e Dinamización Lingüística estamos moi contentos coa altísima participación neste concurso. Foi moi difícil determinar os microrrelatos gañadores. Había tantos terroríficos...
Estes son os gañadores recollendo o seu premio nas súas aulas:
- 1 e 2 ESO
- Primer premio: "As sete meigas" de Iria Zaragoza López de 2º D.
- Accésit: "Os homes lobo non son fantasía" de Noa Seoane Rubiños de 2º D.
- 3 e 4 de ESO
- Primer premio ex aequo: Antón Corral Rodríguez de 3º D.
- Primer premio ex aequo: Sofía Bores Caruncho de 3º A.
- Accésit: "Terror no dentista" de Alejandro Romero Soto de 3º C.
Parabéns para elas e eles!!!
Os seus microrrelatos colocaranse nun posto especial na biblioteca e pronto os publicaremos no blog.
Se falamos das lecturas de contos de medo temos que citar a Laura, Lola, Antón, Thién, Carlos, Sofía e Helena son os alumnos de 1º de Bacharelato que cursan a materia de Literatura Galega.
Nesta materia escolleron e adaptaron distintos textos da historia da nosa literatura relacionados co misterio, co medo e con personaxes propios da nosa tradición para lerllelos aos compañeiros máis novos do centro, os de 1º da ESO. Ademais acompañaron os textos de imaxes e sons para facelos aínda máis misteriosos!