Ola, rapaces!
Son Socas de novo. Como levades o primeiro libro? Sabedes que acaba de chegar á nosa biblio, xunto con outros da vosa famosa lista. Xa me fixe con el. Os exemplares prestados pola biblioteca de Miño xa viñeran e o venres foron repartidos en 3º ESO. O resto de lectores tede paciencia que están de camiño.
Recoñezo que esto de viaxar polo mundo cun forro polar vermello ten o seu interese. Ao principio chocoume, si. Esperaba unha historia de amor que son as miñas preferidas. Ou se non, unha fantástica, que para algo son un trasno... Pero esta ben. Apostastes pola divulgación científica e eu sonche moi ben mandadiño. Teño lida xa máis da metade do libro e sorpréndeme. Penso que estou a aprender moitas cousas sobre as que nin me parara a pensar: quen fixo as miñas calzas?, pagáronlle xustamente o seu salario?, onde rematan as cousas das que me desfago por vellas? Seguindo as peripecias do forro polar de Wolfgang Korn polo mundo adiante quizais aprendamos a aproveitar máis os nosos recursos.
E para os que esperaban un libro mais doado quero animarlles, xa virá a pura ficción. Penso que non esta demais que, polo de agora, todos reflexionemos sobre a inxustiza do comercio actual.
Para aqueles que desexen afondar neste tema, aquí van algunhas críticas e enlaces.
Vémonos o vindeiro 13 de novembro ás 15,30 co libro rematado. Pero lembrade, temos unha cita coa imaxinación sempre que queirades. Estarei nalgun recuncho da nosa biblio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario