PROXECTO LÓVA

martes, 13 de novembro de 2012

LA VUELTA AL MUNDO DE UN FORRO POLAR ROJO

Ola, rapaces!:
Mi madriña, pero se xa case non cabemos na biblio! Entre o de onte e o de hoxe, tédesme moi entretido. Pero vaiamos por partes. Onte, estaba rematando de ler e disfrutar o poema que me recomendou Dani, agochadiño no estante de xeografía, cando observei moita leria na biblioteca. Asomeime e que vin? Pois a un home moi falador, chamado Antonio, ao que un grupiño estabades escoitando. Pois si que tiña un modo de dicir que me engaiolou. Durante dúas horas aprendín moitas cousas: que aos adolescentes fáltanos algo, que temos que saber mirarnos entre nós, respirar cando bicamos, que hai libros que xamás temos que ler, e o que existen as persoas-libro. Penso que tamén vale ser trasno-libro. Pídome ser A illa do tesouro


E o de hoxe? Pois tamén estivo moi ben. Coido que Cristina fixo un gran traballo co libriño do forro polar. Espero que axiña colguen neste blogue a presentación tan completa de hoxe. Parabéns pola vosa participación e dende logo, os temas tratados son para pensar con tranquilidade.
Gústame tamén que cada día somos máis -xa 33 máis 5 profes- e aproveito para dar a benvida aos novos participantes: Borja, María, Cristian, Silvia e Irene de 1º de Bacharelato; Javi de 3º, Inés, Candela e Yure de 1º, así como recibir tra unha paréntese as miñas amigas de 4º -que xa as botaba en falta-: Lucía D., Lucía R., Andrea G., Andrea R., Celia, Inés, Laura. E por suposto: a super Daniela de 2º.
Espero que vos interesara a experiencia e queirades repetila. Así que atentos ao noso blogue, onde espero os vosos comentarios.
E, sen descuidar os estudos, disfrutade con Os Xogos da fame.
Ata a próxima:

Socas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario