Ola, rapaces!
Hoxe, logo da súa demora, tivemos a xuntanza do noso Club correspondente ao mes de febreiro. Como sempre, disfrutei moito dende o meu novo recanto. (Si, con tanto trasego de libros, cada vez teño máis dificultades para permanecer agochado, pero as dou por boas porque a biblioteca esta a vivir unha completa renovación). Pagou a pena pospoñer a sesión porque vin caras novas. Sinto que serviu para que se animaran a participar novos socios no Club aos que dou a benvida máis agarimosa: Bea, Roberto e Albert de 1º de ESO, Laura, Antía e Diego de 2º de ESO, Isa de 1º de BAC. Veredes que os teño moi fichadiños e paso lista cada volta.
Pareceume unha sesión moi entretida, conducida co moito aplomo e criterio por Luis e Claudia de 1º A. Houbo disparidade de gustos. Hainos que non acertaron co soporte. Non hai problema. Podedes tornar ao de sempre. Outros prefiren algo máis realista, e mira que o sinto porque eu sonche unha criatura de mundos fantásticos. Pero tranquilos, o novo libro vailles ir moito mellor. Deso xa falaremos.
Agora vos propoño un xogo. Igual que Dani nos citou unha frase que lle impresionara, podemos ir achegando, en forma de comentarios a esta entrada, cada un a nosa frase favorita. Pero hai unha condición. Non se pode repetir. Animádesvos? Coa enorme cantidade de frases fermosas que ten este libro, non creo posible que se acaben. Espero as vosas propostas.
Eu, para dar exemplo, lanzou a miña frase favorita (teño moitas pero como hai que elixir):
"¿Hay algo más hermoso en el mundo que las letras? Símbolos mágicos, voces de muertos, sillares de mundos maravillosos mejores que éstos, que dispensan consuelo, disipan la soledad, guardan los secretos, proclaman la verdad..." (p. 567)
Ningún comentario:
Publicar un comentario