. Edward Armstrong, médico.
Acusado de causar a morte dunha paciente por operala baixo os efetos do
alcol.
. William
Blore, un policía retirado que finxe saber máis do que aparenta polo seu
propio ben. Acusado de provocar a morte dun home ao inculpalo dun delito que
non cometera, o que o levou a ser encarcelado e, alí, en prisión, morrer.
. Emily Brent, unha austera e incondicional
católica. Acusada de matar á súa doncela, Beatrice, ao despedila cando se
enteirou de que quedara embarazada, o que fai que os seus pais a boten da casa
e que termine por tirarse ao río.
. Vera
Claythorne, unha xoven que exerceu de institutriz e agora, de secretaria.
Acusada de matar a un dos seus alumnos, Cyril, o sobriño do xoven que lle
gustaba, Hugo, ao alentalo a que se adentrase no mar a pesar de non saber nadar,
para que morrese e que, deste xeito, Hugo puidese herdar os cartos do seu irmán
(o pai de Cyril).
. Philip Lombard, coronel, intelixente e
cunha mentalidade imperturbable. Acusado de facer que 21 nativos africanos
morreran de fame ao abandonalos na selva durante o seu breve período como
mercenario en África.
. John
MacArthur, xeneral retirado que loitou na Primeira Guerra Mundial.
Acusado de matar ao amante da súa muller por envialo a una misión suicida.
. Anthony Marston, un xoven fermoso e vanidoso
que non amosa consideración algunha polos demais. Acusado de causar a morte de
dous nenos ao atropelalos con seu coche.
. Thomas y Ethel Rogers, os criados que se encargan dos
cuidados dos oito hóspedes (el é o maiordomo; ela, a cociñeira). Ambos os dous
son acusados de provocar a morte da súa antiga dama, unha anciá americana e
enferma, para quedarse co seu diñeiro.
. Lawrence Wargrave, un xuíz sensato, pero que
disfruta condenando aos acusados a cadena perpetua, e incluso á pena de morte.
Acusado de enviar a un suposto asesino á morte ao falsificar as probas do
xuízo, as cales o declaraban inocente.
Qué interesante, Dani! Toda esta información está moi ben e completa o falado na sesión. Temos que pedirlle a Emilio que nos suba os xogos que tiña preparados sobre os posibles finais.
ResponderEliminar