Pepe Carreiro con Lucía e Xoel, introdutores da sesión. |
Pulsade nas imaxes para amplialas.
|
|
Graciñas, Pepe.
Lembremos algúns personaxes e obras de Pepe Carreiro.
Recordades a Carlos, Loli, Pili, Braulio, Sonia, Tatá e Chispa? Seguro que si, medrastes con eles: Naceron no ano 2000, teñen 16 anos (aínda que non se lles nota)...
E os Barbanzóns? Esa familia celta do castro de Baroña composta por Tara (a nai), Con, Bre e
Lerankos (fillos de Tara), Guiness (a nora irlandesa), Bar (o xenro), Son, Baal e Minu (os tres netos de Tara) e o oso Banza. Xa lestes as súas aventuras? Tédelas na biblioteca.
E que hai dos pequenos Barbanzóns? Coñecédes as súas "fazañas"?
E aínda máis, a historia de Galicia contada en clave de humor:
A retirada de Sir John Moore. Época da invasión napoleónica. Feitos
históricos -en clave de humor- que desembocaron na batalla de Elviña. Xerais, 2002.
Compostela, a historia dunha lenda. Historia de Santiago de Compoetela, desde a suposta descoberta do sepulcro do Apóstolo Santiago até o alzamento
militar de 1936. Toxosoutos, 2003.
O amor l'amour (serie Algo así debeu pasar). Época da invasión napoleónica. Maximina, unha moza aldeá estrambótica para o seu tempo, quere pór en
práctica cos seus veciños as refinadas maneiras do galanteo que aprendeu nas
novelas libertinas francesas. Moito Conto, 2016.
E agora, con Abraham Carreiro, un xornal ilustrado que podedes ler en formato dixital: O Papagaio.
Podedes visualizalo na seguinte ligazón:
Máis sobre a traxectoria profesional.
Pepe Carreiro, ilustrador e guionista de banda deseñada, comezou en 1977 coa banda "O fillo de Breogán" no voceiro A Voz do Pobo. Foi un dos fundadores de Can sen Dono, revista que chegou a dirixir. Colaborou con publicacións como Teima, El Pueblo Gallego, Hoja del Lunes de Vigo, Faro de Vigo, A Peneira, La Voz de Galicia, A Nosa Terra e La Codorniz. Por toda a súa traxectoria recibiu en 2003 o Premio Ourense de Banda Deseñada. No 2013 recibiu o premio Bo e Xeneroso da AELG.
Ningún comentario:
Publicar un comentario