PROXECTO LÓVA

martes, 3 de xullo de 2018

PROXECTO "DIVERSIDADE NA LITERATURA"

Ola rapaces!
Si, xa sei que chegou o verán e que comezaron as vacacións. Pero quedoume pendente facer a reseña dun proxecto precioso levado a cabo polo enorme traballo dun profesor (axudado, enténdese, polos seus alumnos e algúns compañeiros), Daniel Iglesias Torrente. O certo é que sen o seu empeño dito proxecto non tería sido posible. Que aínda non falei do contido deste proxecto? Certo. Pero que mal me sentan as vacacións! 
O mellor será remitirvos á páxina web feita por Dani onde se explica todo e onde están colgados os vídeos dos colaboradores. 
Tan só direi que o proxecto chámase "Diversidade na Literatura" e que partiu dun lote de libros. (Como se non?) Si, dun lote de libros agochados nunha maleta viaxeira que veu dende o CFR e que trouxo ao noso centro novas e vellas ideas acerca da igualdade dentro da diversidade. Facendo bandeira do respecto a ditas diferencias de xénero, de razas, de aptitudes e capacidades, de relixións, de ideas... E que tratan de fomentar a curiosidade, a apertura e o acollemento. Valores propios de cidadáns que xa somos todos nunha democracia.


E logo de poñerme así de solemne, soamente me resta desexarvos, xa sí, a todos, un bo verán cheo de sol (crucemos os dedos), relax e boas lecturas.
Ata setembro!

Ningún comentario:

Publicar un comentario