Ola rapaces!
Onte foi a primeira xuntanza do Club de Novela Romántica. Coincidimos na comida cos rapaces do Club Manga que logo marcharon á aula de informática a ter a súa reunión, da que dará conta a correspondente entrada no blog de Manga.
Nós quedámonos con Emilio e case en familia, pois faltaron Daniela e Sara que están nas xornadas de inmersión de inglés. Pero esa intimidade foi propicia para invocar a fantasma de Cathy e falar da súa descomunal paixón por Heathcliff.
Pilar fixo unha presentación, que colgamos aquí, que tiña dúas partes:
- Un percorrido pola vida e obra desta familia tan peculiar, os Brontë, que deu tantas artistas.
- Unha análise da novela de Emily Brontë: Cumbres borrascosas, parándonos tamén nas súas versión cinematográficas e musicais.
Non houbo demasiado debate e quedamos emprazados para a seguinte novela de John Green, que non vai ser a que inicialmente falamos de Bajo la misma estrella sino Buscando a Alaska.
Non me esquezo de contar que Vily falounos da preparación da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, día 25 de novembro. Consiste no deseño dunhas margaritas que decorarán todo o centro coa mensaxe de "Plantate fronte a violencia". Seguiremos informando máis adiante desta actividade.
Vídeo da presentación feita por Pilar Berrio, a profesora de Literatura Española.
Tamén nos deixou actividades de lectura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario