PROXECTO LÓVA

martes, 22 de decembro de 2020

BICOS E APERTAS NO NADAL

 Ola rapaces!
Como cada ano os Departamentos de Actividades Extraescolares, Dinamización Lingüística, Orientación e a Biblioteca fixemos unha proposta conxunta de actividades para decorar a nosa árbore de Nadal. Polo que como outros anos, pedimos a colaboración dos titor@s e profesor@s da ESO.  Neste tempo de pandemia que nos limita o contacto, entendemos que o agasallo que todos desexariamos recibir serían os bicos e apertas dos nosos seres queridos. Con este lema “Bicos e apertas polo Nadal” decidimos completar unhas tarxetas como as da imaxe, que puxemos a disposición dos titores; nelas podíanse engadir.
  • Unha imaxe persoal na que estivesemos bicando ou abrazando a algún ser querido.
  • Una fotografía dun bico icónico dalgunha película, dun cómic, libro ou dunha obra de arte.
  • Un texto describindo unha escea de bicos e apertas dunha película o dunha obra literaria.
Por outra banda, o alumnado que así o quixo, fixo adornos para a árbore en forma de corazóns, estrelas e mans de cartolina vermellos e  verde. Rematados os elementos decorativos cada curso foi colgando as súas tarxetas e ornamentos acompañados polo profesor de área ou o titor.
Con todas as achegas compuxemos unha preciosa árbore na que se podían ler os desexos de voltar a dar bicos e apertas aos nosos seres queridos e puidemos ver moitas nais cos seus fillos, os amigos e amigas que queren voltar á normalidade e tamén preciosas imaxes con avós e familiares. Algúns lembraron apertas de personaxes de ficción das súas series e películas favoritas e moitas persoas escribiron os seus desexos de recuperar a posibilidade de amosar o cariño e amizade repartindo bicos e apertas.
Deixamos aquí unha presentación coas imaxes da entrada do centro onde ademais da árbore onde o alumnado deixou as súas reflexións e desexos e unha mesa con libros para ler nas vacacións de Nadal. Outros Departamentos didácticos como o de Tecnoloxía fixeron unha contribución en forma de cartelería e felicitacións de Nadal con deseños persoais, e cores e adornos moi elegantes. Desde a biblioteca puxemos, como facemos en cada efeméride, unha  mesa con libros que nos pareceron unha interesante guía de lectura  para as vacación e que publicaremos nunha  entrada  nova do blog, un destes días.
Todas estas tarefas serven para deixarvos a todos os nosos mellores desexos de que poidamos axiña  bicar e abrazar aos nosos amigos e seres queridos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario