Este curso 2021-21 debido ás restricións impostas para o desenvolvemento das actividades lectivas, seguido as instrucións do protocolo Covid do centro, desde os Departamentos de Orientación, Dinamización Lingüística e da Biblioteca facemos unha proposta de actividade para levar ás aulas.
1º- 2º da ESO.
Para os primeiros cursos da ESO, introducimos ó alumnado no mundo de Rosalía por medio vídeos como este:
1.- PEQUENA ROSALÍA
2.- ESCOITAMOS: Algúns poemas de Roslalía de Castro musicados por distintos autores como Luz Casal, es a súa versión de Negra Sombra. Tras escoitar a letra atentamente, podemos completar con frases os espazos en branco das imaxes das notas musicais, que deixamos a disposición dos titores en fotocopias , na mesa da entrada do centro. Unha vez que o alumnado poña algún verso nesas notas musicais compoñeremos un mural cun pentagrama simbólico na entrada do instituto.
3º-4º da ESO.
1.- Facer un vídeo con imaxes libres que expresen con imaxes a mensaxe ou o texto dalgún dos poemas musicados de Rosalía de Castro.
-RECURSOS SON DOS POEMAS MUSICADOS
Adiós ríos, adiós fontes (Rosalía de Castro - Luis Emilio Batallán)Airiños, airiños aires (Rosalía de Castro - Prudencio Romo)
Campanas de Bastabales (Rosalía de Castro - Amancio Prada
Cando era tempo de inverno (Rosalía de Castro - Amancio Prada)
Corre o vento, o rio pasa (Rosalía de Castro - Amancio Prada)
Negra sombra (Rosalía de Castro - Xoán Montes)
Vamos bebendo (Rosalía de Castro - Amancio Prada)
https://www.cancioneros.com/nc/17506/0/adios-rios-adios-fontes-rosalia-de-castro-luis-emilio-batallan
REPOSITORIOS DE IMAXES LIBRES DE DEREITOS
Lembramos a necesidade de empregar imaxes libres de dereitos e facer constar nos vídeos a autoría da música ou audios que empreguemos para facer o noso vídeo.
https://pikwizard.com/ http://compfight.com https://pixabay.com/es/
https://picjumbo.com/ https://burst.shopify.com/
Aquí deixamos imaxes e vídeos da actividade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario