Ola rapaces!
Ademáis de desexarvos unhas boas vacacións (e merecidas) de Semana Santa, quería informarvos de dous concursos literarios que están convocados no noso centro:
1. Concurso de microrrelatos:
a) Os contos deberán comenzar coa frase: "Entonces... Marino vio la rosa" ou "Entón... Marino viu a rosa". Polo que poderán estar escritos en castelán ou en galego.
b) Os contos terán como máximo 300 palabras.
c) Prazo de entrega: venres, 7 de maio como data tope.
d) Os textos entregaranse a Emilio ou Pilar.
e) Os premios consistirán nun lote de libros.
2. Concurso de relatos en castelán para celebrar o Día do Libro:
a) Tema libre.
b) Os relatos terán como máximo 500 palabras.
c) Prazo de entrega: venres 16 de abril como data tope.
d) Os textos entregaranse aos profesores de Lingua Castelá.
e) Haberá tres categorías:
. 1º e 2º da ESO
. 3ª e 4º da ESO
. 1º e 2º de BAC.
f) Os premios por categorías consistirán nun lote de libros e un diploma.
Animádevos a participar e demostras as vosas dotes literarias.
P.D. A cita do primeiro concurso procede dun relato de Jorge Luis Borges: "La rosa amarilla", do que vos deixavos un fragmento:
Púrpura del jardín, pompa del prado.
Gema de primavera, ojo de abril...
Ningún comentario:
Publicar un comentario