Ola compañeir@s!
O 24 de outubro, celébrase o Día das Bibliotecas impulsado pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil e o Ministerio de Cultura. O lema “Bibliotecas: ler, aprender, descubrir", quere destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e o coñecemento, a partir da lectura e do conxunto de recursos que permiten a aprendizaxe e posibilitan o descubrimento doutras ideas, outras persoas, outras culturas e outros mundos.
Desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, publicouse o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia do curso 2021/2022, que leva por título:“A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA". Insistindo tamén na biblioteca como espazo diverso onde teñan cabida distintas experiencias relacionadas coa lectura, a palabra e a oralidade. Os textos escritos e as producións audiovisuais que ofrece a biblioteca en obras de ficción ou de información axudan ao alumnado a medrar sendo donos da linguaxe, a ferramenta que lles abre camiños de pensamento, imaxinación, beleza e coñecemento. Mais tamén, as bibliotecas escolares son espazos sociais de encontro que promoven e facilitan o uso da palabra a través do diálogo, a reflexión, o debate, a exposición, os recitais, a lectura en voz alta.”
Obra do ilustrador Pablo Otero |
Con esta premisa da Asesoría de bibliotecas escolares de Galicia, fixemos o tradicional díptico que acostumamos dedicar a unha celebridade literaria, e que colgamos por todo o instituto. Este ano, por múltiples razóns, pensamos en Emilia Pardo Bazán. Nel podemos atopar fragmentos de textos cos que se achegou á autora, durante o curso pasado, o alumnado do centro nas áreas de Lingua Española e Lingua Galega. Tamén podedes ver os libros que tratan da escritora, e que están a disposición de todos na nosa biblioteca.
Para posibilitar que os rapaces e rapazas tomen a palabra temos preparado unha presentación con contos sinxelos e breves para ler en voz alta ou escoitar un audio durante esta semana.
Deixamos o díptico da xornada.
Emila Pardo Bazán de Biblioteca Sofía CasanovaAquí tedes tamén a presentación dos contos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario