Onte, 4 de febreiro, estivo connosco Carlos López Ardao para contarnos as novidades no mundo do libro dixital. As ferramentas para a creación de contidos (a plataforma E-DIXGAL), as ferramentas xenéricas: Ardora, Exe, Edilim), as ferramentas na nube e os distintos formatos (ePub3, SCORM...) e outros aspectos que foron saíndo no coloquio formaron parte da súa exposición. Como hai dous anos, foi un pracer e un luxo recibilo na Biblioteca do Sofía e aprender del. Quédanos agora unha longa aprendizaxe para poder trasladarvos estas novidades a vós, os alumnos do IES Sofía Casanova.
Ningún comentario:
Publicar un comentario