Érase unha vez...
Érase unha vez un Instituto de Ferrol. Nos anos 50 do século pasado alí estudaban -xuntos- os rapaces e rapazas da comarca. Alguén, hai xa moitos anos, alá polo 1963, decidiu separalos: os rapaces a un lado, as rapazas a outro. Eles quedaron nese instituto, que pasou a coñecerse como o Masculino; elas foron apartadas, dando orixe ao Feminino, actual IES Sofía Casanova.
Unha "tráxica separación" que, de seguro, conlevaría algún que outro "corazón roto". Pois ben, agora, máis de 50 anos despois, chegou o momento de volver. E que mellor forma de facelo que cantando ao amor?
Encontro dos clubs de lectura do Concepción Arenal e do Sofía Casanova |
A poesía todo o pode conseguir. Xa o dicía Pimentel:
"A poesía é o gran milagre do mundo".
Escolma de poemas. Escolma elaborada co Equipo de Dinamización Lingüística do Sofía. Con ela contribuiremos ao traballo que están facendo desde o Club de Lectura do Concepción Arenal
Escolma de poemas. Escolma elaborada co Equipo de Dinamización Lingüística do Sofía. Con ela contribuiremos ao traballo que están facendo desde o Club de Lectura do Concepción Arenal
Recitaremos recordando a aqueles rapaces e rapazas que hoxe terán 70 anos. Dicía Cabanillas (ano 1927) no prólogo do seu poemario A rosa de cen follas, Breviario dun amor:
"É unha mociña en flor que nun balcón de peitoril abombado, feito camarín por unha roseira, na soidade da noite, bicada por un raio de lúa, está lendo un libriño de amor e dolor. Alguén deixou ao pé do debuxo, tremendo como dúas bágoas, estas dúas liñas: Mais ve que o meu corazón / é unha rosa de cen follas...
Por se aínda queda algún balcón florido...!

Por se a mociña de entón ten unha neta...!"
Quedará aínda algún balcón florido? Haberá entre vós algunha neta (ou neto) daqueles rapaces e rapazas de 1963? Se "A poesía é o gran milagre do mundo" podemos volver atrás, para recordar; aínda que pasaran tantos anos, estamos a tempo de facer que se reencontren -no recordo- aqueles corazóns separados no 1963.
Graciñas aos membros do club de lectura do Masculino, por organizalo todo para que poidamos... Volver (Estrella Morente) / Volver (Carlos Gardel).
Ningún comentario:
Publicar un comentario