PROXECTO LÓVA

martes, 11 de decembro de 2012

LOS JUEGOS DEL HAMBRE

Ola rapaces!

Que ben o pasei hoxe! Realmente vos estades superando. Disfrutei moitísimo na nosa sesión de hoxe. Si. Eu tamén estaba alí. Non digades que non me vistes. Pero se sempre vos presto a miña imaxe para as vosas presentacións! Son un verdadeiro top model, non? A outra xornada estreei un vermello forro polar moi quentiño, esta volta un broche coa forma dun sinsajo.

Pois si. Alí estaba eu escoitando a Daniela, Aida e Samuel que coido que fixeron un traballo moi completo: resumo, debuxos, análise de cada distrito. Todo ilustrado coa presentación e ambientado coa música da balada de Rue da película, que espero que pronto Cris colgue noutro sitio deste blogue.

Que de que estou a falar? Pero é posible que alguén non saiba que no noso Club limos Los Juegos del hambre? Se é a última moda polo Sofía. Se ata aquí me chega o murmurio do constante intercambio deste libro de aula en aula, de andar en andar, dende os de primeiro de ESO ata os de segundo de BAC. A todos nos une a paixón por Panem, polos doce distritos, polo triángulo amoroso: Peeta-Katniss-Gale. A todos? Non. Nun pequeno recanto, mantense inexpugnable o irreductible Dani, alleo a todo este clamor pro-xogos da fame. Nin os argumentos de Aida, nin os suspiros de Daniela, nin o aplomo de Samuel, nin o unánime apoio de todos nós,  parecen facer mella nel. Tranquilo, Dani, nós leremos a Javier Marías, pero ti tes que  rematar En Llamas e Sinsajo. Seguro que ao final Katniss comezará a caerche un pouco mellor.

E agora, no Nadal, moi atentos ao novo reto: Dragal. I. A herdanza do dragón de Elena Gallego Abad. Pasamos da ciencia-ficción á novela fantástica, de Katniss á Hadrián, da area dos 74 Xogos da Fame á fachada da igrexa de San Pedro, nunha vila galega, onde se agocha un dragón de pedra.

Boa lectura e boas festas! Vémonos o 15 de xaneiro.

Socas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario