Como cada ano, despedimos o curso na biblioteca coa nosa Festa das Tartas Literarias, que xa vai pola súa VII edición.
A novidade deste curso consistiu en que se incorporaron tamén os rapaces do voluntariado (Guillermo e Martín) e máis do Obradoiro de Escritura (Pepe).
Previamente decoraramos a biblioteca cos carteis feitos polos alumnos de ITI sobre as efemérides do 2017.
Logo de degustar as deliciosas tartas (houbo de gatos guerreiros, Harry Potter, Rubí, Wonder, Sinsajo entre outras) fixemos unha enquisa na que valoramos a experiencia deste curso. Cada un deu a súa opinión e fixo as súas suxestións para o vindeiro ano.
De seguido, Daniela presentou varios booktrailers e contounos a súa experiencia da X Xornada de Clubs de Lectura.
Por último, con algo de mágoa, despedimos a Diego (que nos fixo un resumo dos seus cómics favoritos) e a Pepe que van marchar do instituto.
Penso que a idea do novo Club de Manga xestionado polos rapaces está a cobrar forma e xa temos dúas posibles coordinadoras, Sabela e Laura, entusiastas seguidoras do universo manga.
Grazas pola vosa colaboración, rapaces, e feliz verán, cheo de lecturas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario