O pasado sábado, un grupo de 13 alumnos (Carlos, Sara, Daniela, David, Deva, Ariadna, Iago, María del Pilar, Javi, Alex, Sabela, Roberto e Ana), acompañados de Emilio e Pilar, participamos na X Xornada de Clubs de Lectura en Santiago. Esta reunión acolleu a moitos rapaces de Clubs de Lectura de toda Galicia nunha xornada chea de calor, de obradoiros e de libros, moitos libros.
Como non caberían aquí todos os relatos, eliximos unha soa voz, a de Deva, e logo engadimos algunhas opinións doutros participantes:
"O sábado acudín á miña primeira xornada de Clubs de Lectura en Santiago. Desde Ferrol fomos catro institutos: Ferrol Vello, Concepción Arenal, Catabois, e nós, Sofía Casanova. Ao chegar recibíronos cun espectáculo de acrobacias a cargo de "Pista Catro". Encantoume, pareceume moi divertido e interesante. De novo todos os institutos xuntos acudimos á "Sala Santiado" para presenciar a entrega do premio dos Clubs de Lectura 2017 a Miguelanxo Prado, e as entrevistas de Ledicia Costas e Violeta Moon. Logo de tomar un almorzo estupendo, fomos cada o noso obradoiro. Eu fun ao de Literatura transmedia e banda deseñada. Despois dunha mañá intensa, saímos fora do Palacio de Congresos a comer todos xuntos para recuperar folgos. O resto da tarde compartímola co resto de Clubs de Lectura de Galicia, escoitando a charla de César Mallorquí sobre o "Eloxio da mala literatura" e participando na festa de peche, na que o pasamos xenial. Sen dúbida, o ano que vén quero volver á seguinte xornada dos Clubs de Lectura"
Acompañamos con algunhas opinións de outros rapaces:
"O que máis me gustou do encontro foi poder estar máis tempo cos meus amigos e ter un plan para o fin de semana. Tamén aprendín moito sobre cómic no obradoiro de banda deseñada como que os cómics non poden ter portadas tétricas" (Carlos)
"A verdade é que por moita calor que fixera e por moito que nos aburríramos polos largos discursos, valeu a pena!" (Ariadna)
"O que máis me gustou foi coñecer a Cesar Mallorquí. Podería mellorarse para unha próxima xornada a festa, con cancións máis modernas." (Daniela)
"Fue una experiencia bonita y educativa que estaría dispuesta a repetir". (María del Pilar)
"Fue una experiencia bonita y educativa que estaría dispuesta a repetir". (María del Pilar)
"Fixo moita calor, para a próxima gustaríame que houbese máis espazos de sombra e máis puntos de comida." (Sara)
"Una experiencia nueva y divertida, en la cual conocí nuevos amigos." (Alex)
"Nas reunións aprendín moito e conseguín algunhas firmas." (Iago)
"Gustoume moito a charla de "botarse a escribir" porque me animou a facelo. Pero para min sobrou a música final." (Sabela)
"Una experiencia nueva y divertida, en la cual conocí nuevos amigos." (Alex)
"Nas reunións aprendín moito e conseguín algunhas firmas." (Iago)
"Gustoume moito a charla de "botarse a escribir" porque me animou a facelo. Pero para min sobrou a música final." (Sabela)
O certo é que a valoración foi en xeral moi positiva e todos viñemos con moitas ideas para poñer en marcha o vindeiro curso, como un posible Club de Manga.
Ningún comentario:
Publicar un comentario