xoves, 21 de decembro de 2017

VISITA A RESIDENCIA DE MAIORES


Onte tivemos unha preciosa experiencia visitando aos nosos maiores dentro do programa de "Bibliotecas Escolares Solidarias" no que o noso voluntariado da biblioteca participa nunha experiencia de Aprendizaxe-Servizo. Comezamos unha colaboración coa Residencia de Maiores Geriatros de Ferrol.
Estarédesvos preguntando que é isto  de Aprendizaxe-Servizo. É unha modalidade de aprendizaxe no que o alumnado identifica na súa contorna unha necesidade ou situación en cuxa mellora se compromete, desenvolvendo un proxecto solidario no que pon en xogo coñecementos, habilidades, actitudes e valores.


Un grupo de rapaces (Laura López, Sara Pena, Diego Picos, Daniela Redondo, Daniela Katrib, Carolina Gallardo, Efrén Vázquez, Javi Vilas, Sabela Deibe, Sara Ladra, Paula Martínez) adicaron o seu tempo para acompañar aos anciáns durante unha hora. Recitaron textos de poetas tan recoñecidos como Machado, Miguel Hernández, Alberti, Becquer, Benedetti, Manuel María, Espronceda...

Atopamos un público moi entusiasta e agradecido ata o punto de que planificamos novas citas con diferentes actividades para este curso. Eles queren visitarnos e vir a ver a nosa biblioteca e a nosa obra de teatro.


Esperamos ver pronto por aquí aos nosos avós.



El CHICO DE LA FLECHA

Ola de novo!
Antes de que me esqueza e que remate o día, poño aquí as fotos desta xornada tan divertida na que recordamos o mundo de Roma e o mundo castrexo. 


Lembrade que podedes ampliar información sobre estas civilizacións na cantidade de libros que sobre o tema temos na biblioteca a vosa disposición.

Grazas as aventuras de Marco e Aselo, os protagonistas de El chico de la Flecha de Espido Freire, coñecimos a cidade romana de Emérita Augusta e a maneira de vivir dos hispanos durante o século I d.C. 


Para descubrir os lugares onde transcorre a vida destas personaxes podedes consultar a seguinte presentación.







martes, 19 de decembro de 2017

ACTIVIDADES DESTA SEMANA

Ola rapaces!

Xa sei que está semana estades moi cansos, desexando coller as vacacións de Nadal. Pero lembrade que aínda vos temos preparadas varias actividades para despedir o trimestre:


Hoxe temos a sesión do itinerario de novela histórica correspondente a Roma. Ilustrarase coa lectura de El chico de la flecha de Espido Freire. Decoramos a biblioteca con ambientación da época. Podedes vir disfrazados de personaxes tanto do mundo romano (lexionarios, gladiadores, senadores, damas...) como do mundo castrexo (guerreiros, damas...)


Mañá, dentro do programa de bibliotecas escolares solidarias, teremos a primeira visita a residencia de anciáns Geriatros, onde recitaremos poemas de autores da literatura castelá e galega por parte dun grupo de voluntarios que agasallan co seu tempo e co seu agarimo aos nosos maiores.




venres, 1 de decembro de 2017

CLUB DE MICROESCRITURA

Lembrade que o Club de Microescritura estase a reunir os venres ás 12'10, no departamento de Filosofía.

VOLUNTARIADO BA BIBLIOTECA

O luns día 4 de decembro, ás 12'10 - 12'30, no segundo recreo, teremos a primeira reunión do equipo de voluntariado da biblioteca.
Nela informarémosvos sobre as formas de participación, as actividades e os proxectos que pretendemos desenvolver durante este curso.  

No Nadal todos participamos en iniciativas solidarias, dende a biblioteca do instituto queremos acompañar, a través da lectura, a distintos colectivos que poden sentirse máis sós durante estas datas.