venres, 13 de maio de 2016

MARTES, 10 DE MAIO: CLUB DE LECTURA, O MISTERIO VELÁZQUEZ

Elaboraron a presentación e introduciron a sesión.
https://padlet.com/anasecorosa/ip5fa6ejhygj/wish/110113116
 
Pulsa sobre a imaxe para ver a presentación de El misterio Velázquez (Eliacer Cansino), unha obra pola que transitan personaxes de "As Meninas" arredor dun misterio relacionado coa Cruz de Santiago. A lectura desta obra deu pé a recordar o proxecto "As Meninas no Sofía: ReciclArte e LiteraturizArte" (a obra está na guía de lectura, na sección "Xuvenil").


Na próxima sesión, 14 de xuño, banda deseñada: Adèle Blanc-Sec (nº 1) e "tartas literarias". Recordas as tartas do ano pasado? Entra por aquí.


domingo, 8 de maio de 2016

MÉRCORES, 11 DE MAIO: PEPE CARREIRO NO SOFÍA

Pepe Carreiro con Lucía e Xoel, introdutores da sesión.
Pepe Carreiro estivo connosco, dentro do conxunto de actividades do "Mes das Letras no Sofía" (18 abril-18 maio). Contoulles aos alumnos de 1º ESO como e por que comezou a debuxar, como preparaba as historias, como se trataban as proporcións, as liñas cinéticas, os globos, como era o proceso de creación dos Bolechas... Mentres  nos explicaba todo isto, íadebuxando. Temos todo gravado e, en canto poidamos, colgaremos o vídeo para que poidades asistir en primeira persoa á súa exposición.


Pulsade nas imaxes para amplialas.
 





Pepe Carreiro con Hugo

Agradecemos a Pepe a súa presenza no Sofía. Non é fácil que un autor/ilustrador coa súa traxectoria profesional se ofreza a dar un taller a alumnos de 1º ESO. Agradecemos a súa xenerosidade e, sobre todo, a súa paciencia: Os que estabamos alí sabemos por que o dicimos.

Graciñas, Pepe.


Lembremos algúns personaxes e obras de Pepe Carreiro.

Recordades a Carlos, Loli, Pili, Braulio, Sonia, Tatá e Chispa? Seguro que si, medrastes con  eles: Naceron no ano 2000, teñen 16 anos (aínda que non se lles nota)...


E os Barbanzóns? Esa familia celta do castro de Baroña composta por Tara (a nai), Con, Bre e Lerankos (fillos de Tara), Guiness (a nora irlandesa), Bar (o xenro), Son, Baal e Minu (os tres netos de Tara) e o oso Banza. Xa lestes as súas aventuras? Tédelas na biblioteca.


E que hai dos pequenos Barbanzóns? Coñecédes as súas "fazañas"?



E aínda máis, a historia de Galicia contada en clave de humor:


A retirada de Sir John Moore.  Época da invasión napoleónica. Feitos históricos -en clave de humor- que desembocaron na batalla de Elviña. Xerais, 2002. 

Compostela, a historia dunha lenda. Historia de Santiago de Compoetela, desde a suposta descoberta do sepulcro do Apóstolo Santiago até o alzamento militar de 1936. Toxosoutos, 2003.

O amor l'amour (serie Algo así debeu pasar).  Época da invasión napoleónica. Maximina, unha moza aldeá estrambótica para o seu tempo, quere pór en práctica cos seus veciños as refinadas maneiras do galanteo que aprendeu nas novelas libertinas francesas. Moito Conto, 2016.


E agora, con Abraham Carreiro, un xornal  ilustrado que podedes ler en formato dixital: O Papagaio.


Podedes visualizalo na seguinte ligazón: 

Máis sobre a traxectoria profesional.
Pepe Carreiro, ilustrador e guionista de banda deseñada, comezou en 1977 coa banda "O fillo de Breogán" no voceiro A Voz do Pobo. Foi un dos fundadores de Can sen Dono, revista que chegou a dirixir. Colaborou con publicacións como Teima, El Pueblo Gallego, Hoja del Lunes de Vigo, Faro de Vigo, A Peneira, La Voz de Galicia, A Nosa Terra e La CodornizPor toda a súa traxectoria recibiu en 2003 o Premio Ourense de Banda Deseñada. No 2013 recibiu o premio Bo e Xeneroso da AELG.





O NOSO AGRADECEMENTO A MIGUEL ÁNGEL AGUILAR

Miguel Ángel Aguilar con Roberto e Fernando, alumnos de 4º ESO

O martes día 3 estivo connosco Miguel Ángel Aguilar. Desde as 17.00 ás 18.10 contestou a todas aquelas preguntas que lle fixeron os alumnos de 4º ESO. 

Foi un día completo, moi completo: 
  • Mañá: Recepción institucional no Concello de Ferrol.
  • 13.00 horas: ofrenda floral no Cantón.
  • 17.00-18.10: IES Sofía Casanova de Ferrol.
  • 20:00 horas: entrega do premio no Jofre.
  • 20.30: Concerto da Liberdade, Nani García TríoFonte: Galicia Ártabra.

Podiamos ler en La Voz de Galicia un día despois:
El periodista Miguel Ángel Aguilar, ganador de la XII edición del Premio José Couso de Libertad de Prensa, pasó la jornada en la ciudad para asistir a una recepción en el Ayuntamiento por la mañana, una ofrenda floral en memoria del cámara que da nombre al premio y un acto en el Jofre por la tarde. Aguilar recordó que la libertad de prensa «es un termómetro de las otras libertades».
Si. No Concello, na ofrenda floral, no Jofre... 

E no Sofía.

Porque tivo a tremenda xenerosidade de vir a un centro de secundaria, ao noso centro, para, dalgún xeito, ser "entrevistado" por alumnos de 4º ESO. Sen guión previo. Cantos periodistas do seu nivel farían algo así? Cantos virían ás aulas? 

Moitas grazas, Miguel Ángel. Moitísimas grazas.


Miguel Ángel Aguilar con Teresa Sebio, directora do IES Sofía Casanova