mércores, 14 de decembro de 2016

LA HISTORIA INTERMINABLE

Ola rapaces, a sesión de onte foi magnífica. Tivemos algunhas ausencias polos exames pero foron estupendamente compensadas polas incorporacións de caras novas. Benvidas Sara, Daniela, Sabela e Noa!
Aínda que non todos gozaron coa lectura do mes, a célebre novela fantástica La historia interminable, a exposición de Laura e María gustounos a todos. Emilio axudounos a contextualizar algúns aspectos máis simbólicos da novela a partir de detalles sobre a vida e a formación de Michael Ende. Reflexionamos sobre a novidade dunha obra que mestura dous mundos xogando con personaxes que pasan de un a outro. Enterámonos que non se dice Fantasía, senón Fantasia. Aprendemos que o autor tivo moitas dificultades para rematar a obra e acertar a sacar ao seu personaxe, Bastián, do mundo máxico de volta a súa realidade. 


E ata a nosa vindeira xuntanza, na que falaremos do libro de Cornelia Funke, Reckless, que pospusimos ata o día 17 de xaneiro, desexámonos un Nadal chéo de venturas e lecturas!


martes, 13 de decembro de 2016

OME: Obradoiro de microescritura

Le miré, él apartó la mirada. Yo no podía seguir aquí, el entorno es sofocante. Cuando cierro la puerta, él se puso a llorar, cuando, entre suspiros, susurró:

- Por qué, por qué le tiene que gustar comer cebolla a bocados.



Iago Grandal, 1º ESO D



luns, 7 de novembro de 2016

PRIMEIRA XUNTANZA DO NOSO CLUB DE LECTURA

Ola rapaces!


Mañá temos a nosa primeira sesión oficial xa que a do mes de outubro soamente foi unha toma de contacto.
Así que espero que todos disfrutárades da lectura do noso dragón favorito. 
Ariadna e Iago ten preparada xa a súa presentación.
Non esquezades a comida.


domingo, 9 de outubro de 2016

COMEZA O NOSO CLUB

Ola rapaces!
Douvos a benvida a nosa biblioteca, logo do tempo de lecer! De xeito especial aos novos alumnos de 1º ESO e de 1º de Bacharelato. Algúns xa se deixaron caer pola biblio e, ademáis, comezaron a traballar como axudantes. Bravo por eles!
Vexo que vides con ganas de pasarlo ben este curso. O equipo de biblioteca xa quenta motores e vos presenta algunhas actividades para este curso:
  • Club de Lectura.
  • Club de Escritura.
  • Itinerarios lectores.
  • Plan de voluntariado.
  • Boletín de novidades.
  • Caixa de suxestións para adquisicións.

Pero para todo iso é precisa a vosa colaboración. 
De momento quedades convidados a primeira xuntanza do noso Club de Lectura.
A cita é o vindeiro martes día 11 a hora de xantar. 
SOCAS

xoves, 21 de xullo de 2016

30 CLÁSICOS DE MISTERIO NO SOFÍA



AS OBRAS
Selección clásicos de misterio:

https://es.wikipedia.org/wiki/Anexo:Las_cien_mejores_novelas_polic%C3%ADacas_de_todos_los_tiempos 

30 clásicos de misterio.
Argumentos: vid. enlaces.


Literatura de misterio

Xénero enfocado á investigación dun crime. Na guía de lectura "Misterio no Sofía” seleccionáronse clásicos de misterio que poden ser tipificadas como novela policíaca, novela de detectives (profesionais ou afeccionados), suspense (thriller), novela negra (novela criminal ou hard-boiled), de espías… E, pola súa relación, incluímos algo de terror gótico e terror sobrenatural. 

Entra nos enlaces, mira os argumentos e escolle a túa lectura.
Déixate asesorar: Moitas destas obras son para "Lectores avanzados". Pregunta na Biblioteca do Sofía.
  1. Allan Poe, Edgard (1852): Tales of Mystery & Imagination, Contos.
  2. Collins, Wilkie (1860): A dama de branco.
  3. Dostoyevski, Fiódor (1866): Crime e castigo.
  4. Collins, Wilkie (1868): A pedra  lunar.
  5. Dickens, Charles (1870): O misterio de Edwin Drood.
  6. Conan Doyle, Arthur (1892–1927): The Collected Sherlock Holmes Short Stories, Contos. Detective: Sherlock Holmes.
  7. Conan Doyle, Arthur (1901–1902): O can dos Baskerville. Detective: Sherlock Holmes
  8. Stoker, Bram (1897): Drácula.
  9. Conrad, Joseph (1907): O axente secreto.
  10. Chesterton, G. K.  (1911): The Innocence of Father Brown, Padre Brown (contos).  Detective: Padre Brown.
  11. Christie, Agatha (1926): O asesinato de Roger Ackroyd. Detective: Poirot.
  12. Hammett, Dashiell (1929): Colleita vermella.O Axente da Continental.
  13. Hammett, Dashiell (1930): O falcón maltés. Detective: Sam Spade. 
  14. Hammett, Dashiell (1931): A chave de cristal. 
  15. Hammett, Dashiell (1934): O home delgado. 
  16. Christie (1934): Asasinato no Orient Express. Detective: Poirot.
  17. Du Maurier, Daphne (1938): Rebecca. 
  18. Greene, Graham (1938): Brighton, Parque de Atraccións. 
  19. Christie, Agatha (1939): Dez negriños. 
  20. Chandler, Raymond (1939): O soño eterno. Detective: Philip Marlowe. 
  21. Chandler (1943):  A dama do lago.  Detective: Philip Marlowe. 
  22. Christie (1948): Testemuña de cargo (obra de teatro). 
  23. Chandler, Raymond (1953): O longo adeus. Detective: Philip Marlowe. 
  24. Highsmith, Patricia (1955): O talento de Mr. Ripley. 
  25. Greene (1958): O noso home na Habana. 
  26. Harper Lee (1960): Matar un ruiseñor.   
  27. Capote, Truman (1966): A sangue frío.
 
Engadimos ás listas da CWA, MWA

 28.Allan Poe, Edgard (1841): Los crímenes de la calle Morgue. Inicio do xénero. 175 aniversario. Auguste Dupin. 
29.Oscar Wilde (1891): O retrato de  Dorian Gray, publicada en 1891.  Terror gótico. 125 aniversario. 
30.Umberto Eco (1989): O nome da rosa. En recordo do autor no ano do seu falecemento. Figura na lista da CWA e da MWA.


A EXPOSICIÓN:
 30 CLÁSICOS DE MISTERIO
na Biblioteca do Sofía


Continuará...

mércores, 13 de xullo de 2016

ATA SEMPRE, AGUSTÍN. VÉMONOS...

PORQUE VIVES NOS TEUS LIBROS.

https://gl.wikipedia.org/wiki/Agust%C3%ADn_Fern%C3%A1ndez_Paz
Ilustración de David Pintor 

Palabras de Agustín Fernández Paz con motivo da 


Escribe César Casal en Agustín, «arte-san», La Voz de Galicia (12-7-2016):
Aínda estabamos co «subidón» do agasallo do Día das Letras para Carlos Casares, cando nos chegou a labazada do adeus a Agustín Fernández Paz. Sonou coma un estoupido, coma o derrumbar dun cume de libros. Agustín tiña o mellor que pode ter un escritor: lectores. A moreas. E o que máis desexa unha boa persona: amigos fondos, a centos. Agustín, o único que queda non é o amor. Queda o amor, pero quedan todos os teus soños de tinta. Esa fervenza de palabras. Agustín segue, co seu aceno de tenrura. Unha enchenta de dozura. Segue a dicir cousas cheas de sentido común: «A illa do tesouro é a novela con maiúsculas». Coñecía ben que escribir non era atrancar palabras. Era deixar que o río correse e atopase o mar do sentimiento. Que tipo. Un educador de verdade. Con todo o que supón. Galicia é máis orfa sen este Agustín que non era artista. Era artesán. «Arte-san» dos que curan cos seus libros. Dos que pagan a pena. Coa única vaidade de tentar o meridiano cero da felicidade.
A negriña é nosa.

martes, 21 de xuño de 2016

FIESTA DE TARTAS

Hola a todos:

Socas se despide este curso del Club de Lectura con el buen sabor de boca de las tartas que hemos compartido hoy. ¡Disfrutad de un buen verano y no olvidéis llevaros un buen libro a la playa o a la montaña!


También Socas está muy satisfecho de los trabajos que los alumnos de 3º de ESO han ido entregando esta semana para ilustrar aspectos de la asignatura de lengua y literatura castellana, como el corral de comedias construido por Fiana, los mapas de la historia de las lenguas diseñados por Carmen o Samuel, las tarjetas de Alba, o los cuadros de autores de Aida, por citar solamente unos ejemplos.





mércores, 15 de xuño de 2016

PARA OS ALUMNOS: ITINERARIOS LECTORES DOS DEPARTAMENTOS

Que son os itinerarios lectores?

Son os libros que non queremos que se perdan os nosos alumnos.

Entrade en https://sites.google.com/site/sofiaitinerarios/. Encontraredes unha selección de lecturas -tamén hai películas- pensada polos distintos departamentos para vós, os alumnos.


https://sites.google.com/site/sofiaitinerarios/
 

sábado, 4 de xuño de 2016

LITERATURA FANTÁSTICA DA MAN DE URCO EDITORA


Dentro das actividades do "Mes das letras no Sofía", tivemos un encontro cos editores de Urco, que explicaron aos alumnos de 4º ESO os segredos do mundo editorial. Ademais, deixáronnos os paneis sobre literatura fantástica que podedes ver actualmente na Biblioteca. 

Se cadra, despois dun ano inmersos na literatura de misterio, procede que o ano que vén nos mergullemos na literatura fantástica. Se así se fai, Urco é todo un referente, como podedes comprobar se buscades na Biblioteca os libros desta editorial que foron adquiridos o ano pasado (mirade no menú do blog "Últimas adquisicións"), ao que engadimos este ano O retrato de Dorian Gray de Oscar Wilde. Si, xa o sabemos, hai que actualizar "Últimas adquisicións" cos títulos que se foron adquirindo nestes últimos meses...

Quen é Urco editora? Unha empresa editorial nacida en 2007 que se adica á publicación sistemática e especializada de literatura de fantasía, ciencia ficción e terror. Teñen varias coleccións que, de seguro, vos interesan: Urco Gótica (xénero gótico e terror, con autores como Edgar Allan Poe, H.P. Lovecraft, William Hope Hodgson, Sheridan Le Fanu ou Bram Stoker), Urco Fantasía (“Biblioteca Conan” de Robert E. Howard ou as obras de fantasía épica de William Morris), Urco Ciencia Ficción (Orson Scott Card, Jack London, Jules Verne...), Alcaián (dentro da colección cabe destacar a serie de novelas “O mundo secreto de Basilius Hoffman“), Biblioteca Niké, Urco Xuvenil (nacida en 2014 ante a demanda de literatura fantástica por parte de xeracións  de lectores das distintas etapas do ensino secundario) e Urco Infantil (xa para máis pequenos).

http://urcoeditora.com/titulos/


Buscade na Biblioteca: encontraredes bastantes libros desta editorial. 
Graciñas aos editores de Urco por estaren connosco e ao departamento de Lingua Galega e Literatura por organizar a actividade. 

Por certo, sabedes quen é Urco

http://es.mitologiaiberica.wikia.com/wiki/Urco

AS VIAXES DE 1º BACHARELATO

Os alumnos de 1º bacharelato visitaron este ano Santiago e Ourense.

Foron a Santiago en novembro, para traballar no proxecto "De Lago a Santiago. Itinerario da lírica medieval". Chegaron o xoves 26 pola tarde e quedaron a durmir en San Martiño Pinario. Ao día seguinte visitaron a Catedral, as cubertas e o arquivo da Catedral. Os resultados desta "investigación" serán dados a coñecer no ano 2016-17. Como adianto, un vídeo dos alumnos:

https://padlet.com/wall/wpdx2d71le0z

E o de Ourense... Xa volo contaremos.

venres, 13 de maio de 2016

MARTES, 10 DE MAIO: CLUB DE LECTURA, O MISTERIO VELÁZQUEZ

Elaboraron a presentación e introduciron a sesión.
https://padlet.com/anasecorosa/ip5fa6ejhygj/wish/110113116
 
Pulsa sobre a imaxe para ver a presentación de El misterio Velázquez (Eliacer Cansino), unha obra pola que transitan personaxes de "As Meninas" arredor dun misterio relacionado coa Cruz de Santiago. A lectura desta obra deu pé a recordar o proxecto "As Meninas no Sofía: ReciclArte e LiteraturizArte" (a obra está na guía de lectura, na sección "Xuvenil").


Na próxima sesión, 14 de xuño, banda deseñada: Adèle Blanc-Sec (nº 1) e "tartas literarias". Recordas as tartas do ano pasado? Entra por aquí.


domingo, 8 de maio de 2016

MÉRCORES, 11 DE MAIO: PEPE CARREIRO NO SOFÍA

Pepe Carreiro con Lucía e Xoel, introdutores da sesión.
Pepe Carreiro estivo connosco, dentro do conxunto de actividades do "Mes das Letras no Sofía" (18 abril-18 maio). Contoulles aos alumnos de 1º ESO como e por que comezou a debuxar, como preparaba as historias, como se trataban as proporcións, as liñas cinéticas, os globos, como era o proceso de creación dos Bolechas... Mentres  nos explicaba todo isto, íadebuxando. Temos todo gravado e, en canto poidamos, colgaremos o vídeo para que poidades asistir en primeira persoa á súa exposición.


Pulsade nas imaxes para amplialas.
 





Pepe Carreiro con Hugo

Agradecemos a Pepe a súa presenza no Sofía. Non é fácil que un autor/ilustrador coa súa traxectoria profesional se ofreza a dar un taller a alumnos de 1º ESO. Agradecemos a súa xenerosidade e, sobre todo, a súa paciencia: Os que estabamos alí sabemos por que o dicimos.

Graciñas, Pepe.


Lembremos algúns personaxes e obras de Pepe Carreiro.

Recordades a Carlos, Loli, Pili, Braulio, Sonia, Tatá e Chispa? Seguro que si, medrastes con  eles: Naceron no ano 2000, teñen 16 anos (aínda que non se lles nota)...


E os Barbanzóns? Esa familia celta do castro de Baroña composta por Tara (a nai), Con, Bre e Lerankos (fillos de Tara), Guiness (a nora irlandesa), Bar (o xenro), Son, Baal e Minu (os tres netos de Tara) e o oso Banza. Xa lestes as súas aventuras? Tédelas na biblioteca.


E que hai dos pequenos Barbanzóns? Coñecédes as súas "fazañas"?



E aínda máis, a historia de Galicia contada en clave de humor:


A retirada de Sir John Moore.  Época da invasión napoleónica. Feitos históricos -en clave de humor- que desembocaron na batalla de Elviña. Xerais, 2002. 

Compostela, a historia dunha lenda. Historia de Santiago de Compoetela, desde a suposta descoberta do sepulcro do Apóstolo Santiago até o alzamento militar de 1936. Toxosoutos, 2003.

O amor l'amour (serie Algo así debeu pasar).  Época da invasión napoleónica. Maximina, unha moza aldeá estrambótica para o seu tempo, quere pór en práctica cos seus veciños as refinadas maneiras do galanteo que aprendeu nas novelas libertinas francesas. Moito Conto, 2016.


E agora, con Abraham Carreiro, un xornal  ilustrado que podedes ler en formato dixital: O Papagaio.


Podedes visualizalo na seguinte ligazón: 

Máis sobre a traxectoria profesional.
Pepe Carreiro, ilustrador e guionista de banda deseñada, comezou en 1977 coa banda "O fillo de Breogán" no voceiro A Voz do Pobo. Foi un dos fundadores de Can sen Dono, revista que chegou a dirixir. Colaborou con publicacións como Teima, El Pueblo Gallego, Hoja del Lunes de Vigo, Faro de Vigo, A Peneira, La Voz de Galicia, A Nosa Terra e La CodornizPor toda a súa traxectoria recibiu en 2003 o Premio Ourense de Banda Deseñada. No 2013 recibiu o premio Bo e Xeneroso da AELG.





O NOSO AGRADECEMENTO A MIGUEL ÁNGEL AGUILAR

Miguel Ángel Aguilar con Roberto e Fernando, alumnos de 4º ESO

O martes día 3 estivo connosco Miguel Ángel Aguilar. Desde as 17.00 ás 18.10 contestou a todas aquelas preguntas que lle fixeron os alumnos de 4º ESO. 

Foi un día completo, moi completo: 
  • Mañá: Recepción institucional no Concello de Ferrol.
  • 13.00 horas: ofrenda floral no Cantón.
  • 17.00-18.10: IES Sofía Casanova de Ferrol.
  • 20:00 horas: entrega do premio no Jofre.
  • 20.30: Concerto da Liberdade, Nani García TríoFonte: Galicia Ártabra.

Podiamos ler en La Voz de Galicia un día despois:
El periodista Miguel Ángel Aguilar, ganador de la XII edición del Premio José Couso de Libertad de Prensa, pasó la jornada en la ciudad para asistir a una recepción en el Ayuntamiento por la mañana, una ofrenda floral en memoria del cámara que da nombre al premio y un acto en el Jofre por la tarde. Aguilar recordó que la libertad de prensa «es un termómetro de las otras libertades».
Si. No Concello, na ofrenda floral, no Jofre... 

E no Sofía.

Porque tivo a tremenda xenerosidade de vir a un centro de secundaria, ao noso centro, para, dalgún xeito, ser "entrevistado" por alumnos de 4º ESO. Sen guión previo. Cantos periodistas do seu nivel farían algo así? Cantos virían ás aulas? 

Moitas grazas, Miguel Ángel. Moitísimas grazas.


Miguel Ángel Aguilar con Teresa Sebio, directora do IES Sofía Casanova