luns, 19 de outubro de 2020

CENTENARIO DO NACEMENTO DE MIGUEL DELIBES

No medio de tantas e tan dolorosas noticias, unha lembranza pon un fío de esperanza. A da chegada ao mundo dun dos grandes, do escritor don Miguel Delibes Setién. 

A súas novelas dende La sombra del ciprés es alargada ata El hereje acompañáronnos tanto tempo e quedarán connosco para sempre. Personaxes inesquecibles como Daniel El Mochuelo, Germán el Tiñoso e Roque el Moñigo; Quico; El Nini; Don Eloy e Desi; Mario e Menchu; Paco el Bajo; Cipriano Salcedo...  E tantos outros.



A súa mensaxe en prol da conservación da terra, dos usos e costumes ancestrais, a favor dos pequenos e desfavorecidos... é hoxe máis necesaria que nunca.

E o mellor xeito de non esquecela e seguir lendo as súas páxinas. Atoparedes moitas delas aquí, na vosa biblioteca. Están esperándovos.




mércores, 14 de outubro de 2020

REUNIÓN CLUB DE LECTURA E OBRADOIRO DE ESCRITURA

 Ola rapaces!

Logo da xuntanza informativa do pasado mércores, xa estamos listos para comezar os CLUBS propiamente ditos. Por iso, vos esperamos a todos o vindeiro vernes no segundo recreo na BIBLIOTECA.


De  momento imos xuntar o OBRADOIRO DE ESCRITURA co CLUB DE POESÍA porque temos intereses comúns. O escritor soe ser un bo lector. E como o obradoiro está especializado en microescritura, que mellor xénero en miniatura que un poema?


Animádevos a vir!