Ola rapaces!
Onte foi unha fermosa tarde xa que unimos nun só acto dúas das nosas actividades: o teatro e o voluntariado.
Tiñamos a estrea da obra de teatro titulada: "Unha praza, un banco e dous casoiros" dous sainetes que adaptou José Luis Paz. E na sesión da tarde, xunto coas familias, viñeron un grupiño de anciáns de Domus Vi a vernos.
Xa dende o ano pasado tivemos moita relación entre estas dúas actividades. Dende o momento que a metade do elenco de actores e actrices son tamén voluntarios (María, Laura, Sara, Andrea, Pablo e Diego). Ademáis o ano pasado, como non puideron vir, fomos nós a actuar ao xeriátrico.
Pero este ano foi moito mellor a experiencia porque viñeron eles aquí e viviron en vivo e en directo a experiencia teatral.

Sodes todos uns verdadeiros artistas. E grazas tamén ao grupiño de voluntarios que estivo pendente de axudar a acomodar aos maiores e acompañounos co agarimo de sempre. Verdadeiramente temos xa uns fortes vínculos interxeracionais entre alumnos e avós.
Hoxe publicaremos algunhas fotos e pequenos vídeos pero en posteriores entradas prometemos poñer as fotos de Lucía e os vídeos de Alberto. Moitos voluntarios que tamén axudaron esa tarde non poideron quedar porque tiñan clase. Desde aquí queremos agradecer a todos a súa enorme dedicación e entusiasmo.